Soluciones de software

Solucións de software

En VINCUSYS ofrecémosche distintos servizos en relación á xestión da túa empresa. Por un lado, implementamos dende cero software de xestión plenamente pensado para o teu negocio, enfocado a cubrir todas as necesidades que poidas ter. Neste caso falamos de software libre, coas vantaxes que conleva: non pagar licenzas recorrentes, independencia con respecto á empresa que che proporciona o servizo e máxima escalabilidade e adaptación con atención minuciosa ao detalle. Por outro, adaptamos para a túa compañía outro tipo de solucións menos ambiciosas, pero que poidan cubrir as túas necesidades. Falamos de software de xestión sinxelo e manexable, co apoio dun servizo técnico cercano e calificado.

Se precisas integrar a túa páxina web co teu sistema de xestión, tamén podemos axudarche.

Ademais, ofrecémosche formación a medida para que poidas sacar o máximo proveito á túa solución de software. Tutoriais, videotutoriais, formación presencial, in company, on line… Estamos á túa disposición para que a xestión da túa empresa sexa o máis sinxela e levadeira posible.

Os nosos servizos

Suite CRM

SuiteCRM

A solución de xestión de clientes e equipos comerciais máis potente do mercado. Todas as vantaxes de centralizar a información de vendas cunha visión 360º.

Wordpress

O xestor de contidos para páxinas web por excelencia. Desenvolvemos todo tipo de webs que empreguen este software, dende a web máis sinxela a integracións a medida.

Drupal

Para webs cun gran volume de visitas que requiren unha gran escabilidade. Drupal perfílase como unha das solución máis confiables do mercado para xestión web.

Prestashop

Tes una tenda e queres dar o salto a vender on line? Sen dúbida Prestashop será o teu gran aliado, un sistema potente e completo para triunfar coas vendas en Internet.

Magento

O software máis potente para tendas on line. Se xa tes unha tenda e queres dar o salto ao seguinte nivel axudámosche a despregar esta plataforma robusta e escalable.

Moodle

Moodle

Cando falamos de formación on line temos que falar de Moodle. O xestor por execelencia para cursos e formacións on line, completamente modular e extensible.

Comezamos algo novo?

VINCUSYS

Cóntanos algo bonito!

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.