Ofrecemos servizos de planificación, instalación e mantemento de redes e sistemas informáticos para empresas. Encargámonos de todas as tarefas técnicas e de dixitalización necesarias para que non teñas que preocuparte por ningún aspecto tecnolóxico da túa empresa.
Asesorámosche en todo momento sobre a tecnoloxía e infraestrutura que mellor se adapte á túa empresa e axudámosche ó longo de todo o ciclo de implantación e posterior mantemento, logrando un sistema eficaz.
As nosas solucións poden ser locais, nas propias instalacións do cliente (on premise) ou remotas (on cloud) aproveitando o potencial e bondades da nube.
Para ofrecer un servizo de alta dispoñibilidade traballamos cos principais centros de datos a nivel nacional e internacional, onde despregamos a infraestrutura lóxica necesaria para cubrir os requisitos de calquera proxecto.
Instalación e mantemento de todo tipo de sistemas e redes informáticas. Software, hardware, redes, WiFi, VPNs, servidores, intranets, extranets...
Ofrecemos servidores aloxados nos principais centros de datos do mundo, hosting optimizado para páxinas web e rexistro de dominios.
Copias de seguridade para oficinas workstations e servidores. Backups seguros cifrados almaceados localmente ou remotamente.
Soporte técnico remoto con cobertura nacional a través de xestión remota e presencial en Galicia para a túa empresa con persoal técnico capacitado.
Emprega diferentes entornos de traballo e aumenta a flexibilidade grazas á virtualización de sistemas. Ofrecemos solucións na nube pública ou privada.
Substitúe a túa liña analóxica ou dixital por unha liña SIP de Voz IP e goza das vantaxes da telefonía IP como centralita virtual ou servizos web-to-call.