Os nosos servizos

Deseño web

Mellora o teu negocio cunha páxina web profesional, deseñada e optimizada para conseguir resultados. Utilizamos CMS de código aberto, como Wordpress ou Drupal, e optimizámolos para conseguir o mellor posicionamento en buscadores.

Tendas on line

Vende calquera tipo de produto ou servizo. Deseñamos a túa tenda on line coas principais plataformas de xestión para e-commerce opensource como WooCommerce, Prestashop ou Magento.

Posicionamento SEO

Consegue o mellor posicionamento nos motores de busca. Se a túa páxina web non aparece nas primeiras posicións é como se non existira. Asegurámonos de que a túa web estea optimizada para buscadores.

Mantemento web

Actualizamos a túa páxina web proactivamente para que sempre estea dispoñible. Ademais, contamos con plans de xestión e actualización de contidos, así como de optimización para posicionamento web.

Que facemos por ti?

1

Deseño web profesional

Creamos páxinas web profesionais únicas. Potenciamos e ofrecemos a mellor imaxe do teu negocio on line grazas ao noso servizo de desenvolvemento de páxinas web modernas e cunha estrutura optimizada. Atrae novos clientes e aumenta as túas vendas.

2

Páxina web responsive

Os nosos deseños web adáptanse a todo tipo de pantallas e dispositivos proporcionando a mellor experiencia ao usuario final. Utilizamos as últimas tecnoloxías e tendencias en deseño móbil, como as páginas web mobile first.

3

Optimizada para SEO

Todos os nosos deseños web están optimizados e cumpren coas boas prácticas recomendadas por Google para conseguir bos resultados. Se o teu negocio precisa estar entre as mellores posicións, ofrecemos plans de posicionamento web a túa medida.

4

Actualización de contidos

Aproveita as vantanxes de ter unha axencia de márketing á túa disposición para actualizar calquera contido da túa web. Ofrecemos servizos de actualización web para que a túa páxina sexa un elemento activo e vivo, aliñado coa túa estratexia empresarial.

5

Máximo rendemento

Disporás dunha páxina web optimizada.Evita ter unha web que tarda demasiado en cargar ou que nin sequera chega a abrir. Ademais, para conseguir os mellores resultados, traballamos con proveedores de aloxamento web que empregan tecnoloxías de última xeración.

6

Web a medida

Se tes necesidades concretas ou queres unha páxina web que se integre con outros sistemas dispoñibles na túa empresa, axudámoste! Ofrecemos solucións adaptadas a cada proxecto para que saques o máximo partido á túa presenza on line.

E ademais...

Todo o que precisas para triunfar co teu negocio

Soporte profesional

Sempre actualizada

Integracións avanzadas

Dominio e hosting incluído

O noso plan de deseño

1
Investigación e planificación

Realizamos unha investigación sobre o mercado, a competencia e o target. Durante a investigación, establecemos os obxectivos e requisitos da páxina web.


Deseño

Creamos o deseño e a estrutura do sitio web, incluíndo a elección do tipo de letra, o tamaño do texto, a disposición das imaxes e outros elementos visuais. Tamén apostamos por deseños e estilos que melloren a experiencia do usuario.

Coa definición da estrutura da páxina web, concretamos os menús de navegación e a arquitectura do contido en seccións e páxinas para facilitar a lecturae a navegación da web.

2

3
Desenvolvemento

Construímos o sitio web utilizando linguaxes de programación como HTML, CSS e JavaScript.


Carga e maquetación de contido

Nesta fase realizamos a carga do contido subindo os textos, imaxes, vídeos e outros tipos de medios na páxina web. Isto pode incluír a redacción de textos para páxinas web ou a selección e optimización de imaxes.

Tamén maquetamos o contido, organizando e creando a disposición estética da páxina segundo o deseño realizado, de maneira atractiva e fácilmente lexible.

4

5
Empresas de inserción

Realizamos probas para asegurarnos de que o sitio web funciona correctamente en diferentes dispositivos e navegadores e corriximos calquera erro ou problema que atopemos.


Lanzamento

Publicamos o sitio web e realizamos calquera configuración necesaria, como a do dominio, o certificado de seguridade SSL e o aloxamento web.

6

Éxito

FAQ


O deseño web é o proceso de crear a imaxe e a estructura dun sitio web. É importante porque afecta á experiencia do usuario e pode influír na cantidade de tempo que pasa no sitio e en se regresa ou non.

O deseño web é importante para o teu negocio porque pode afectar ao xeito no que os clientes perciben a túa marca e como interactúan co teu sitio web. Un deseño atractivo e fácil de usar pode axudar a crear unha experiencia positiva para os usuarios e aumentar a confianza na túa marca, o que pode promover a conversión.

O proceso é sinxelo: faremos unha reunión para concretar os teus obxectivos e necesidades e despois investigaremos o sector e a competencia, e engadiremos unha primeira proposta para que poidas valorar posibles detalles que queiras engadir ou quitar.

O prazo dependerá da complexidade do proxecto e da nosa carga de traballo no momento da solicitude. Podemos ofrecerche unha estimación do prazo de entrega durante a reunión inicial e manterte informado sobre o progreso segundo vaiamos avanzando.

Si, encargámonos de que a túa páxina sempre funcione correctamente, estea monitorizada e o seu contido actualizado.

Comezamos algo novo?

VINCUSYS

Cóntanos algo bonito!

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.