Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que medios tendes a empregar para captar novos clientes? Segues empregando vías como buzoneo, o porta por porta ou os medios tradicionais? Se respondiches cun si á segunda pregunta é porque non coñeces o e-mail márketing, unha forma sinxela e cómoda. Ademais, poderás aforrar ao tempo que te dirixes a un público maior con máis opcións de contratar os teus servizos.

Se con isto aínda non te convencemos do potencial do e-mail márketing, sigue lendo. Neste artigo presentámosche as claves que fan diferente unha newsletter de calquera outro tipo de comunicación comercial. Cada vez son máis as empresas que se lanzan á captación a través do e-mail márketing. E é que son varias as vantaxes que ofrece esta vía con respecto a outras fórmulas.

Internet, un público masivo

Internet bríndache a posibilidade de dirixirte a un público inmenso sen a necesidade de moverte da túa oficina, por que non aproveitala? Antes tiñas que percorrer toda a túa cidade para levar a cabo o proceso de captación. Agora basta con sentarte ante o ordenador para dar o primeiro paso. Grazas ao e-mail márketing podes dirixirte aos teus potenciais clientes de forma igual de personalizada aforrando tempo e esforzo.

Segmentación da mensaxe

Se ofreces os teus servizos a empresas de sectores diversos e buscas atraer clientes en todos ou algúns deles, podes dirixirte a eles de forma personalizada. Se quixeras facer algo similar mediante técnicas tradicionais como o buzoneo terías que imprimir varios tipos de flyers, polo que incrementaría o custo. A través das newsletters, podes crear listas de correo divididas por sectores, idades, intereses, xénero… Como prefiras. Segmentando podes achegar a parte do teu traballo que máis se adapte ás súas demandas, ofrecendo exactamente aquilo que necesitan.

Baixo custo

Como sabes, en Internet existen todo tipo de ferramentas para infinidade de usos. O envío de newsletters non ía ser unha excepción, así que a través de plataformas como aWeber ou Mailchimp podemos deseñar, enviar e controlar as nosas campañas, ben de forma gratuíta ou a un custo moi baixo. Estas plataformas contan cunha serie de deseños que podes configurar á túa medida. Despois, soamente tes que incluír a base de datos de direccións ás que queres enviar a newsletter. A aplicación encárgase do resto. Ademais, están optimizadas para os principais servidores de correo electrónico co obxectivo de que a túa comunicación non caia na carpeta de spam.

Resultados medibles

Internet permite controlar o percorrido dos nosos envíos e medir a interacción dos receptores. Disto aprovéitanse as plataformas das que vos falábamos antes, para informarte en tempo real do grado de efectividade das túas campañas de e-mail márketing. Así, poderemos saber en todo momento se as nosas accións teñen éxito ou non de forma instantánea. Con esta información, poderemos coñecer as reaccións dos nosos clientes e deseñar futuras actuacións.

Estas son as principais vantaxes do e-mail márketing sobre outras fórmulas empregadas ata agora. Nun próximo post daremos conta dalgunhas das claves fundamentais para que as túas newsletters sexan atractivas a ollos dos teus potenciais clientes.

Foto: Joe The Goat Farmer

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles