Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A importancia de ter unha páxina web na era dixital

by | Ago 3, 2023 | Blog deseño web, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web, Web | 0 comments

Vivimos na era dixital. Por iso, ter unha presenza en liña sólida é esencial para o éxito de calquera negocio. Un sitio web ben deseñado e funcional non só é un escaparate virtual, senón unha ferramenta estratéxica que pode impulsar ao crecemento da túa marca. Por iso, neste artigo imos explorar a importancia de ter unha páxina web, contándoche os seus beneficios.

Alcance global

O uso de Internet está cada vez mais normalizado e o número de persoas que están presentes na rede crece cada ano. Según Digital Report 2023, os usuarios creceron nun 1,9 % respecto ao 2022 e representan un 64,4 % da poboación global. É dicir, 5.160 miles de millóns de persoas. E en España, un 94,9 % da poboación está presente en Internet.

Se interpretamos estes datos, poderás ver que o mercado en liña ofrece unha oportunidade única: dar a coñecer a túa empresa a persoas que, doutro modo, xamais cruzaríanse no teu camiño. E non esquezas o potencial latente dunha tenda on line para captar clientes, xa que, segundo o Estudo de E-commerce 2023 de IAB Spain, o 77 % dos españois entre 16 e 74 anos utilizan a rede coma canle de compra.

A túa páxina web é unha fiestra aberta ao mundo e elimina os límites xeográficos. Poderás chegar a novos mercados e a máis audiencias. Iso si, precisarás dunha boa estratexia de márketing que che axude a posicionarte en buscadores e aparecer nos primeiros resultados.

7 pilares de la estrategia de marketing digital

Mellora a túa imaxe de marca

Ter unha web daralle máis fiabilidade ao teu negocio. Hoxe en día, se alguén te busca na rede e non te atopa, é moi probable que desconfíe de ti. Por esta razón, ter unha páxina profesional e ben deseñada daralle lexitimidade a túa marca e mellorará a túa imaxe.

Os testemuños e as valoracións de clientes satisfeitos poden aumentar a confianza dos visitantes e transformalos en consumidores leais.

Aberta as 24 horas do día

A túa empresa ten un horario, pero o teu sitio web non pecha. Esta dispoñible todos os días do ano, polo que será accesible en calquera momento. Podes usar a túa páxina para promocionar ofertas especiais, publicar información actualizada sobre produtos ou servizos e vender en liña.

Fideliza e segmenta aos teus clientes

A través da túa páxina web, poderás recompilar datos acerca dos teus visitantes, como a súa localización, preferencias e comportamentos de navegación. Isto bríndache a oportunidade de segmentar a túa audiencia e ofrecer contido personalizado que resoe coas súas necesidades e desexos.

Ademais, coñecendo os seus gustos, poderás darlles o que queren e conseguir que sexan fieis a túa marca.

Para ofrecer unha experiencia máis personalizada, podes engadir un formulario de contacto no que expresen as súas dúbidas ou, incluso, un chat en liña co que resolveras ao momento. Así, sentirán que hai alguén detrás da pantalla prestando atención.

Persoa vendo unha páxina web

Conseguirás unha vantaxe sobre a túa competencia

Neste mundo dixitalizado, a xente da por feito que tes presenza on line e poden pasar por alto ás empresas que non. Unha páxina ben deseñada, que estea á última nas tendencias visuais e cunha boa navegación, destacará fronte ao resto e conseguirá que se fixen en ti.

Permite realizar análises

Unha das vantaxes máis notables dunha web é a capacidade de medir e analizar o seu rendemento. As ferramentas como Google Analytics permiten rastrear o tráfico, o comportamento dos usuarios e outras métricas chave. Unha información que pode chegar a ser esencial para adoptar estratexias e tomar decisións.

Arbotool confía en VINCUSYS para crear su imagen y diseñar su nueva web

Como ves, ter unha páxina web para o teu negocio non é só unha opción, é case unha necesidade na era actual. Aumenta a túa visibilidade, axuda a captar máis clientes e a destacar fronte á competencia e a adaptarte de forma sinxela ás demandas do mercado.

Na nosa axencia, contamos cun equipo profesional que pode axudarche a crear a túa web dende cero ou a darlle un lavado de cara completo á actual. Por iso, se che interesa este servizo, non dubides en contactar connosco e darémosche o presuposto que mellor se adapte ao que precisas.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles