Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A inversión en márketing en 2023 aumenta por terceiro ano consecutivo

by | Out 30, 2024 | Blog márketing, Márketing, Márketing, Publicidade | 0 comments

A inversión en márketing en España o pasado 2023 aumentou en relación aos tres anos anteriores, tal e como revelou o Estudo AMES (Análise do Impacto Económico do Márketing en España) realizado pola Asociación de Márketing de España (AMKT) e InfoAdex.

Este informe, que analiza o impacto económico deste sector no noso país, desvelou que a inversión acadou os 31.891 millóns de euros en 2023, un aumento do 4,9 % respecto aps 30.415 millóns invertidos en 2022.

A cifra é un claro indicio de que o márketing español avanza a paso firme no seu camiño de recuperación despois do impacto da pandemia hai catro anos, aínda que segue sen igualar as cifras do 2019, cando superaba os 33.000 millóns de euros.

Iso si, este crecemento é máis ben modesto se se desconta o efecto da inflación, que en 2023 foi o de 3,1 %, polo que a cifra real sería do 1,8 %. Porén, o sector mantivo un aumento sostido durante tres anos consecutivos, o que marca unha tendencia positiva que semella apuntar á estabilidade da industria no contexto económico actual.

A distribución da inversión: publicidade, comunicación e promoción ao fronte

No que respecta á distribución de dita inversión, a partida de maior peso é a destinada a publicidade, comunicación e promoción, que supuxo un 59,6 % do total. Isto tradúcese nun forte compromiso do sector cara os medios e canles publicitarios.

O gasto dentro desta partida está liderado pola compra de medios, cun 31,1 %, seguida de actividades como feiras, exposicións e congresos, cun 23,5 %, e punto de venta, cun 9,2 %. A crecente popularidade dos creadores de contido ou influencers tamén se fixo notar. Aínda que a súa participación na inversión total só é do 0,7 %, esta categoría amosou o crecemento máis acelerado, cun incremento do 23,9 %.

A inversión en márketing en 2023 aumenta por terceiro ano consecutivo

O custo de persoal en márketing igualmente amosou unha importante subida, aumentou un 5,7 % con respecto ao 2022 e acadou os 4.124,5 millóns de euros, o cal representa o 12,9 % do gasto total.

Así mesmo, a inversión en investigación e consultaría de márketing experimentou un incremento notable do 7,6 %, sendo a partida de maior crecemento porcentual en 2023.

O márketing dixital consolídase

En canto ao márketing dixital, o gasto ascendeu a 3.640 millóns de euros e marcou unha mellora do 6 % en comparación co ano anterior. Isto supón un 11,4 % da inversión total en márketing, e a súa presenza no segmento da publicidade en medios convencionais acadou o 61,7 %.

Estes datos reforzan a tenencia cara a unha maior integración da publicidade dixital, que permite ás marcas acadar de forma efectiva e segmentada ás súas audiencias. A expansión das redes sociais como canle pubicitaria amosa a crecente preferencia dos consumidores pola inmediatez e a interacción.

Perspectivas para 2024: crecemento nunha contorna de incertidume

O Estudo AMES conclúe que o márketing en España logrou un ascenso sostido e en todas as súas partidas se observan comportamentos positivos. Ademais do destacado crecemento en investigación de mercados, espérase que este 2024 a inversión total aumente nun 5 %, ata situarse en torno aos 33.500 millóns de euros.

Este panorama reafirma ao márketing como un piar fundamental para as empresas españolas que queiran medrar e diferenciarse da competencia. Iso si, a industria afronta o reto de consolidar este ascenso nun contexto de incerteza económica e de cambios nas preferencias do consumidor.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles