Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

É importante analizar a nosa páxina web?

by | Nov 27, 2017 | Axencia de márketing, Blog comunicación, Márketing, Posicionamento web, SEO, Tecnoloxía, Web | 0 comments

Moita xente pensa que o importante é ter unha páxina web porque se non a tes non es ninguén en Internet. Isto non é así, non podemos perder o rumbo. Debemos ter claras as seguintes cuestións:

  • obxectivo do noso negocio: Para que facemos unha web? Para vender? Para dar imaxe?
  • A quen nos diriximos, o noso público obxectivo.
  • Que é o que este quere, que precisa.

Se temos estes tres puntos claros, xa construímos as bases para que o noso negocio on line poida prosperar. Coa analítica web poderemos comprobar, a través dos datos, se estamos medrando e se as nosas estratexias están funcionando como deberían.

Por que debemos analizar a nosa páxina web?

Adiántoche que a análise das páxinas web, hoxe en día, é fundamental. É vital realizar esta análise por diversos motivos:

  • Fixemos un desembolso para crear a web e haberá que descubrir se a visitan.
  • Xeramos contidos para a web e debemos saber se se consumen e quen o fai.
  • Medir os resultados das nosas estratexias.

Grazas á tecnoloxía existente, en Internet podemos medir case todo. Isto axúdanos a mellorar constantemente.  Ademais, analizar a nosa páxina web sérvenos para coñecer os seguintes catro aspectos:

1.- Usuarios: podemos identificalos, saber como navegan e os seus comportamentos. Permítenos coñecelos para aumentar a súa satisfacción.

2.- Contido: podemos avaliar a nosa web dende o punto de vista do contido, do deseño e da súa posición en Internet. Permítenos optimizar o sitio web.

3.- Márketing: desenvolver as nosas accións de márketing respaldándoas cos datos. Poderemos avaliar as nosas campañas: e-mail márketing e redes sociais. Poderemos mellorar o noso ROI.

4.- Sector: coñeceremos a competencia e a proxección do mercado identificando oportunidades, puntos fortes e débiles. Poderemos medrar no mercado.

En Internet podemos medir case todo. Isto axúdanos a mellorar constantemente.

Google Analytics: A ferramenta para analizar a nosa páxina web

Para a análise é recomendable utilizar a ferramenta gratuíta que nos proporciona Google: Google Analytics. Esta ferramenta achegaranos datos, métrica e informes para facer o seguimento da nosa web. Monitorizamos, con ela, o tráfico da nosa web coñecendo os datos relevantes para poder tomar decisións a posteriori.

Conta con cinco tipos de informes distintos: En tempo real, Audiencia, Adquisición, Comportamento e Conversión. En cada un deles poderemos coñecer distintos datos como o perfil de usuarios, que páxinas son as que máis visitan, como chegaron á web, qué dispositivos empregan…

En conclusión, permítenos coñecer aos nosos usuarios, saber como se comportan na nosa web, ver aquilo que funciona e que non. Poderemos entón realizar melloras na nosa web acordes ao que os nosos usuarios buscan.

Para coñecer máis sobre Google Analytics, Google ofrécenos cursos gratuítos para aprender esta ferramenta e analizar a nosa páxina web. Un para nivel principiante para entrar en contacto coa ferramenta e outro avanzado para afondar na mesma.

Unha vez feito isto, tamén terás a posibilidade de obter a certificación de Google Analytics superando un exame no portal Google Partners.

Google Tag Manager: un gran complemento para Analytics

Google Tag Manager é unha ferramenta gratuíta que consiste en xestionar etiquetas. É unha ferramenta complementaria de Google Analytics e que permite unha mellor análise da web.

Basicamente serve para trackear a nosa páxina web e enviar información a sistemas externos ao noso sitio web. Información como o número de clics a un botón, encher un formulario correctamente e procesalo pódese recoller gracias aos fragmentos de código creados por Tag Manager e situados na nosa web.

Isto supón grandes vantaxes, xa que antes era traballo que había que mandar aos programadores informáticos e agora nos permite ser autosuficientes. Google Tag Manager é unha ferramenta moi potente e completa. Para coñecer máis sobre ela, tamén hai un curso dispoñible en Google.

En definitiva, analizar a nosa páxina web é imprescindible. Grazas a estas ferramentas, podemos medir practicamente calquera cousa, o que é de gran utilidade. Cos datos que obteñamos poderemos sacar conclusións que nos axuden a mellorar a nosa web en todos os ámbitos e, por tanto, a satisfacción dos clientes.

Foto: StockSnap

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles