Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

eQuaby estrea imaxe de marca e tenda on line

by | Xul 12, 2021 | Blog VINCUSYS, Deseño gráfico, Deseño web, Posicionamento web, SEO, Tenda on line, VINCUSYS, Web | 0 comments

Fai uns meses que Athena, empresa compostelana cunha década de traxectoria na xestión da prevención de riscos laborais que ofrece servizos de formación, consultoría e asesoramento a nivel nacional, decidiu apostar por un rebranding completo: novo nome, nova imaxe e novo ecommerce. Presentámosvos todo isto na súa nova páxina web con tenda on line, un dos nosos primeiros proxectos trala fusión de Vincutato e Comusys.

A páxina con ecommerce de eQuaby está pensada para satisfacer tódalas necesidades da empresa e dos seus clientes: dá a coñecer os seus servizos, permite acceder a certificados médicos, pedir presuposto e matricularse on line nos numerosos cursos que ofrecen. A escoita activa ós nosos clientes permítenos coñecer as súas inquietudes e as súas necesidades e ofrecerlles un servizo 360º que lles dea a resposta que precise.

Ademais da información corporativa e sobre os seus servizos, a sección do blog (encántannos os blogs 😉 ), axuda ós seus clientes a estar á última do sector. E, sen dúbida, permitiralles conseguir un bo posicionamento en Google na súa nova andadura.

diseño de tienda online ecommerce santiago de compostela Galicia

Deseño web sinxelo e moderno para unha tenda on line funcional

A páxina web de eQuaby conta cun deseño creativo e moderno, sen perder a parte funcional necesaria en todas as tendas on line e sen deixar de lado a experiencia de usuario. Esta última é tremendamente importante en Internet: se este non entende a páxina que está visitando ou non atopa a información que busca, xa o perdemos.

Por este motivo nos centramos en deseñar páxinas sinxelas de entender, onde toda a información estea ben esquematizada e o usuario acceda ó que estea buscando nun par de clics.

Ademais, en VINCUSYS estamos á vangarda no deseño web e encántanos crear páxinas cun deseño actual, cunha potente optimización SEO e pensadas para que a experiencia de usuario sexa agradable. Pero, sobre todo, creamos páxinas web totalmente adaptadas ó que ti necesitas e ós teus gustos.

Estás pensando en crear unha páxina web con tenda on line pero non sabes por onde comezar? Ponte en contacto connosco e asesorámoste!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles