Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Nove exemplos de empresas que cambiaron o seu logo

by | Mar 28, 2023 | Blog deseño gráfico, Deseño, Deseño gráfico, Márketing | 0 comments

Cando pensas nunha marca, o primeiro que se che vén á mente adoita ser a súa identidade visual. Por iso, as compañías tómanse moi en serio isto e, en moitas ocasións, deciden cambiala para adaptarse ás tendencias ou expresar novas ideas. Neste artigo, imos ensinarche nove exemplos de empresas que cambiaron o seu logo ao longo dos anos.

Pero o primeiro é o primeiro, así que imos contar que entendemos habitualmente por logo. Este é a representación visual dunha marca, un símbolo composto por gráficos, de texto, imaxe ou a súa combinación, que serven para identificar unha compañía en concreto e que reflicten a súa identidade e valores.

Habitualmente, este elemento recibe o nome de logotipo pero, no ámbito publicitario, distinguimos entre:

  • Logotipo: representación gráfica formada unicamente por texto.
  • Imagotipo: contén un elemento de imaxe e outro de texto.
  • Isotipo: formado por unha imaxe.
  • Isologo: a combinación de texto e imaxe nunha composición.

Explicación de logotipo, imagotipo, isotipo e isologo.

Toda empresa precisa dunha imaxe que sexa recoñecible e a diferencie do resto. Un bo logo represéntaa mediante o uso de cores, formas, tipografías e a súa distribución no espazo.

Utilízase en moitos lugares, como en tarxetas de presentación, redes sociais, o packaging de produtos, a páxina web, papelería… Por esta razón, é moi importante que sexa capaz de comunicar quen é a marca, a que se dedica e que a caracteriza.

Características

Xa sabes o que é un logo, polo que podes darte conta de que é fundamental que non estea mal feito. Non so dará unha mala imaxe da túa empresa, tamén causará que non perdure na memoria. Por esta razón, imos falarche dunha serie de consellos que hai que seguir para evitalo.

Simple

Que sexa simple axuda a que sexa máis fácil de identificar e recordar. Os deseños máis complexos e sobrecargados son difíciles de entender e asimilar.

Orixinal

Se o teu logo se parece a outros xa existentes, hai moi poucas probabilidades de que a xente se fixe na túa empresa. Por iso, debe ser algo inédito, orixinal e novo.

Memorable

O obxectivo desta imaxe é que a xente a recorde, que sexa memorable. Debe construír unha conexión cos teus clientes para que se lles veña á cabeza cada vez que pensen en ti ou vexan algo relacionado contigo.

Diseñador creando un logo.

Versátil

O logo ten que poder utilizarse en todo tipo de tamaños e soportes, dende unha tarxeta de visita ata un grande anuncio nun panel publicitario.

Por este motivo, débese crear con esta versatilidade en mente. Un consello é orixinalo en formato vectorial, de forma que non perda calidade ao cambialo de tamaño. Tamén debe verse ben en branco e negro, independentemente de que cores use.

Atemporal

A idea é que o logo teña bo aspecto hoxe e dentro de dez anos, que non quede obsoleto no tempo e cumpra a súa función. Pero tamén é moi boa opción a actualización que moitas marcas fan dos seus logos co paso dos anos (restyling), para refrescar a súa imaxe sen perder a súa esencia.

Apropiado

Por último, pero non menos importante, hai que asegurar que este elemento sexa apropiado. Para iso, debes ter en conta o público ao que vai dirixido, que queres transmitir e non incluír aspectos que podan chegar a ocasionar malentendidos.

O exemplo do cambio

Como ves, o proceso creativo á hora de producir o logo dunha empresa non é sinxelo. E ao longo dos anos, son moitas as que foron modificando a súa identidade para adaptarse aos tempos ou reflectir unha nova imaxe.

Dende a nosa axencia, puidemos observar que a maioría seguiron unha serie de tendencias nos seus redeseños:

  • Simplidade, incluíndo cores sólidas, sen degradados nin efectos 3D.
  • Prevalecen os nomes, con moitos logos sendo tan só tipográficos.
  • Animados para nas contornas dixitais.
  • Volta ao retro, moitos recuperan os seus logos vellos e os readaptan.

Agora, imos ensinarche uns cantos exemplos de grandes marcas que seguro recoñeces e de como renovaron a súa imaxe.

Burger King

No seu logotipo máis recente, recupera a estética dos anos 70 e 90 para traer consigo unha nostalxia que está moi de moda. Este cambio chegou cun compromiso por parte de Burger King de utilizar ingredientes máis naturais.

En comparación co anterior, o novo é máis plano, simple e equilibrado.

Comparación del logo de Burger King.

Toblerone

As marcas non sempre cambian a súa identidade visual por vontade propia. Este foi o caso de Toblerone, que menos dun ano despois de renovar a súa imaxe veuse na obriga de cambiar novamente o seu logo.

O motivo? Que, ao trasladar a súa produción de Suiza a Eslovaquia, debe eliminar todo rastro do Monte Cervino, o clásico cumio que sempre aparece representado nos seus chocolates. Por esta razón, tiveron que borralo e substituílo por un xenérico.

Logo de Toblerone.

Citroën

O ano pasado, Citroën anunciou un cambio significativo na súa imaxe. O seu novo símbolo mantén os dous chevróns cos que se identifica á marca de coches, pero que adoptan unha aparencia completamente diferente a anterior, máis angulosos e no interior dun marco ovalado. Un aspecto que, sen dúbida, recorda ao primeiro da empresa, polo que volvemos ver a tendencia de regresar ás orixes no redeseño.

Comparación del logo de Citroën.

I Love NY

Un dos logos máis famosos e recoñecidos é o de ‘I Love NY‘. Moita xente arredor do mundo viuno algunha vez, xa fora impreso en camisetas, cuncas, carteis, etc. Por iso, foi unha sorpresa que fai unhas semanas se anunciase que, tras case 50 anos, ía ter un redeseño.

Así, ‘I Love NY’ pasou ser ‘We Love NY‘, empregando unha tipografía sen serifa, é dicir, sen liñas que se proxecten nos extremos e con trazos uniformes, e o corazón adquiriu un efecto 3D grazas ao uso de brillos e sombras.

Nuevo logo de We Love NY.

Nokia

A compañía finlandesa Nokia estrenou rebranding fai unhas semanas, nun intento de afastarse da súa vinculación cos teléfonos móbiles.

Nesta nova imaxe, podemos ver que continúa utilizando o azul de cor principal, pero nun ton máis brillante. O maior cambio é na súa tipografía, que agora parece estar cortada con varias letras do nome incompletas.

Comparación del logo de Nokia.

Pepsi

A famosa marca de refrescos Pepsi anunciou recentemente que estreará un novo logo este ano. Este mantén as súas clásicas franxas vermellas, brancas e azuis, pero cun lixeiro cambio no seu aspecto que recorda á súa imaxe durante os anos 90. Tamén modificou a súa tipografía, utilizando unha máis ancha e redondeada que emprega a cor negra para destacar.

Comparación del logo de pepsi.

Os nosos casos

Puideches ver como as grandes marcas non teñen medo de parar as rotativas e darlle un xiro completo á súa identidade visual. Pero isto non é algo que só poidan facer as xigantes compañías internacionais e está ao alcance de todos. De feito, en VINCUSYS levamos a cabo o rebranding dos nosos clientes en múltiples ocasións.

Igleva

Para a empresa Igleva, fixemos un cambio radical na súa identidade visual. Decidimos modernizar o seu logo cun estilo máis actual, máis simple e usar a cor negra, cun pequeno degradado na letra G para facela destacar. En definitiva, quixemos mostrar unha imaxe elegante acorde cos seus valores.

Comparación del logo de Igleva.

San Just Parquets

Ao logo de San Just Parquets, distribuidora de pavimentos de madeira, démoslle un xiro completo. Para comezar, unificamos as súas tipografías nunha para dar máis cohesión ao texto. A súa imaxe ten máis relación coa actividade da empresa, mostrando un cepa de madeira ao descuberto sobre o que xira todo o deseño. Por último, recalcar que se axusta perfectamente tanto ao formato horizontal como ao vertical.

Comparación del logo de San Just.

Compostela Inserta

No caso de Compostela Inserta, optamos novamente por simplificar o deseño do seu símbolo respecto ao anterior e modernizalo. Así, limitamos o número de cores e elementos e convertemos a flor nunha composición máis simple, pero efectiva. De igual forma, cambiamos a tipografía por unha sen serifa e distribuímos os elementos para convertelo a un formato cadrado, de máis fácil adaptación para medios diferentes.

Comparación del logo de Compostela Inserta.

Chegou o teu momento

O teu logotipo é como un escaparate que lle di ao mundo quen es, que fas e cara onde vas. Por iso, é esencial ter un bo deseño e renovalo cada certo tempo para que vaias acorde aos tempos que corren e as súas tendencias.

Xa viches que, en VINCUSYS temos unha dilatada experiencia na creación de identidades de marca e transformar as existentes. Así que, se queres estar á altura dos grandes e ir á última, contacta connosco e estaremos encantados de darche un presuposto.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles