Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Os xestores de contrasinais: ferramentas esenciais para a nosa seguridade

by | Feb 18, 2023 | Blog tecnoloxía, Márketing, Seguridade informática, Software, Tecnoloxía | 0 comments

Hoxe en día empregar múltiples contrasinais para identificarnos en diferentes páxinas volveuse algo normal na nosa experiencia on line e é aí onde os xestores de contrasinais xogan un papel fundamental. E é que para garantir a seguridade dos nosos datos e evitar ciberataques, é importante empregar claves distintas nas diferentes plataformas e servizos que usemos. Memorizar tantas pode ser molesto, por iso os xestores son unha ferramenta ideal.

Imos comezar polo principio e explicar que son exactamente. Os xestores de contrasinais son programas que almacenan os nosos nomes de usuario, os seus respectivos contrasinais e o sitio web ao que pertencen. Todo isto gardase nunha base de datos cifrada á que so pódese acceder a través dunha clave única, polo que tan so temos que memorizar esa combinación coma se fora unha chave mestra.

Características dos xestores de contrasinais

Estas aplicacións poden ter acceso tanto on line como off line. Os primeiros dependen dun servidor na nube onde gardan e sincronizan os nosos datos, mentres que os segundos almacenan a información de forma local no equipo. As características poden variar segundo o xestor, pero en xeral comparten unha serie de funcións. Entre as características máis habituais, temos:

  • Verificación en dous pasos, é dicir, realizar un paso adicional á marxe de escribir o nome de usuario e o contrasinal. Desta forma, o sistema pediranos ao rexistrarnos un segundo paso máis específico para asegurar a nosa identidade, dende unha pregunta secreta ata executar un xesto noutro dispositivo, por exemplo.
  • Xerador automático de contrasinais. Elixir unha clave segura pode ser un labor difícil e máis se temos que facelo cada vez que cremos unha nova conta. Por iso, os xestores teñen un sistema que xera automaticamente contrasinais fortes e seguros.
  • Algúns xestores on line teñen cobertura multiplataforma, permitindo que os empreguemos en diferentes dispositivos. Isto é moi conveniente porque nos facilita o acceso aos nosos contrasinais gardados dende o ordenador ou dende un dispositivo móbil, podendo acceder en calquera momento grazas á sincronización na nube.
  • Alertas de seguridade, por exemplo, cando a clave que temos é demasiado débil ou está repetida en varias plataformas. Mesmo nos avisa de se un servizo sufriu brechas de seguridade que puideran poñer en risco o noso contrasinal, para cambialo o antes posible.
  • Integración cos navegadores web a través de plugins dos propios xestores, de maneira que autocompletar a nosa información á hora de iniciar sesión sexa unha tarefa sinxela.

seguridad-en-red-contraseñas

Tipos de xestores

Algúns navegadores web inclúen os seus propios xestores de contrasinais que memorizan as nosas claves. Porén, son moi sinxelos e pouco seguros, polo que o mellor é empregar un programa de terceiros. Á hora de elixir un xestor particular, temos diferentes opcións, tanto gratuítas como de pago. Entre elas, temos:

  • Bitwarden é un programa de software libre que conta con opcións gratis e premium. Na primeira modalidade ofrece os servizos esenciais, como dispositivos ilimitados ou sincronizados na nube, mentres que as de pago brindan máis opcións de seguridade ou un acceso de emerxencia.
  • 1Password é unha das aplicacións de pago máis coñecidas. Por 2,99 dólares ao mes, ofrece todas as funcións básicas dun xestor de contrasinais, como crear, gardar e autoencher contrasinais. Está dispoñible para tablet, móbil e os navegadores máis habituais e inclúe sincronización na nube.
  • Dashlane ten un deseño limpo e coidado. Como outros xestores, ten unha versión gratuíta, pero é bastante limitada, xa que so da cobertura para un dispositivo. En canto aos prezos das súas opcións de pago, a máis popular custa 4,41 euros e trae unha VPN para protexer o noso Wifi.
  • Keepass, pola súa parte, é un programa de software libre totalmente gratuíto que ofrece os servizos básicos de calquera outro xestor de contrasinais. A súa interface é un pouco basta e anticuada, o que pode facer que navegar nela custe ao principio. Ao ser de código aberto, calquera programador pode encontrar e solucionar os posibles erros.

El coste de las brechas de seguridad alcanza máximos históricos

Calquera destes xestores pode resultar moi útil para protexer a nosa seguridade on line a nivel persoal, pero se temos unha empresa a tarefa é máis complexa. Precisamos programas que garantan a protección dos nosos datos e os do noso equipo e permitan, por exemplo, compartir contrasinais entre os membros da empresa.

Moitos xestores de contrasinais dos que falamos contan con plans para as  empresas, pero un dos mellores programas para estes casos é Passbolt. Trátase dun xestor que se desenvolveu coas necesidades das empresas en mente e que facilita compartir e utilizar diferentes contrasinais entre os membros dun equipo.

Desde VINCUSYS recomendamos o uso deste software empregando un servidor propio, o que require a construción dun. Por iso, ofrecemos servizos de solucións corporativas para axudar a unha correcta xestión de programas destas características e garantir a seguridade das empresas.

Os xestores de contrasinais son ferramentas moi útiles, pero non podemos esquecer que non son infalibles, xa que, ao depender dunha clave mestra, se chega a parar en mans equivocadas caerían todas as nosas contas. Por iso, é importante non confiarse demasiado e estar sempre alerta. Se queredes saber máis sobre ciberseguridade, deixámosvos por aquí un dos nosos artigos sobre o tema:

Ciberseguridad y ataques informáticos: protege tu empresa

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles