Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que é un call to action?

by | Feb 27, 2024 | Blog márketing, Deseño, Deseño web, Márketing, Márketing | 0 comments

A atención dos usuarios cada vez está máis dispersa. Se queres persuadilos para conseguir un obxectivo concreto, podes usar os chamados ‘call to action‘, elementos esenciais no márketing dixital actual. Neste post, contámosche que é un call to action e cal é a súa importancia.

Un call to action (CTA) ou ‘chamada á acción‘ é un compoñente visual ou textual vistoso cuxo obxectivo é captar a atención do usuario e conseguir que execute unha acción específica.

Pode ser calquera cousa, dende facer clic nunha ligazón, subscribise, comprar un produto, completar un formulario ou compartir contido en redes sociais. A clave está en que o CTA lle dirixa a tomar medidas concretas.

Normalmente, un call to action soe ter o formato dun botón vistoso cunha frase que esperta o interese da túa audiencia. Pero o entorno web é variado e permite unha gran variedade de formatos, como encabezados ou ventás emerxentes.

O CTA debe ter un propósito ben definido. Se a viaxe do usuario non está explicada correctamente, é probable que se sinta perdido e marche antes de completalo. O call to action ben deseñado actúa como un faro que guía ao teu cliente.

Ademais, axuda á hora de construír relacións e fidelizar aos consumidores. Ao proporcionar unha guía clara sobre os pasos a seguir, o CTA xera confianza.

Vantaxes dun call to action

Ademais de todo o que comentamos, o call to action tamén mellora a experiencia do usuario, xa que simplifica o percorrido que debe facer na túa páxina web e axuda a localizar rapidamente o contido que lle interesa como, por exemplo, unha oferta concreta.

Exemplos de Call to Action

Como crear un call to action efectivo

Debes ter en conta que hai CTAs por todas partes. As persoas reciben miles de impacto cada día, polo que hai que destacar sobre o resto. Por iso, tes que ser moi coidadoso á hora de crear o teu call to action.

  • Acción clara: asegúrate de que o obxectivo do teu CTA sexa claro e específico. Evita frases ambiguas e proporciona instrucións precisas sobre o que esperas que faga o visitante.
  • Deseño atractivo: para que alguén faga clic na túa chamada á acción, primeiro ten que vela. Por iso, debe ter unha aparencia vistosa. Para iso, podes facela o suficientemente grande para que destaque, con cores que contrasten co resto da túa páxina web. Todo isto sen que chegue a abafar a túa audiencia.
  • Texto persuasivo: emprega unha linguaxe que resoe co teu público e o cative. Utiliza imperativos e enunciados exclamativos ou interrogatorios.
  • Urxencia calculada: sempre que sexa relevante, incorpora elementos que creen unha sensación de urxencia. Por exemplo, descontos temporais ou cantidades limitadas.
  • Valor diferencial: inclúe un elemento diferencial que estableza de primeira por que os usuarios deberían facer o que estás a pedir.
  • Probas continuas: un CTA non é perfecto á primeira. Por iso, hai que realizar varias probas para ver que é o que funciona mellor e actuar en consecuencia.

Que é o inbound márketing?

O call to action é un pilar esencial dentro dunha estratexia de márketing dixital actual. Permite chamar a atención da túa audiencia e conseguir que realice as accións que queiras. Iso si, debe estar ben deseñado para cumprir a súa función sen invadilo.

En VINCUSYS podemos crear a túa estratexia de márketing. Só tes que contactar connosco e axudarémoste.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles