Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Sant Just Parquets renova a súa páxina web

by | Xuñ 1, 2023 | Blog VINCUSYS, Comunicación, Deseño, Deseño web, Márketing, SEO, Vídeo, VINCUSYS, Web | 0 comments

Un dos últimos traballos que realizamos en VINCUSYS foi a renovación da páxina web de Sant Just Parquets, empresa con máis de 40 anos de experiencia no sector de pavimentos de madeira e sintéticos.

Están enfocados principalmente ao servizo do profesional e ofrecen un amplo abanico no seu catálogo, así como produtos para mantenemento e instalación. Sant Just Parquets tamén oferta un servizo de asesoría en instalación, obra e posventa e conta cun firme compromiso medioambiental. Ademais, imparte formación técnica en máquinas de lixado.

Á hora de renovar a súa web, o noso equipo decidiu optar por un estilo elegante, moderno e minimalista que reflicte a calidade dos seus produtos e vai acorde coas tendencias actuais. Empregamos as imaxes dos seus proxectos anteriores, de forma que os clientes ven nada máis entrar os resultados da aplicación dos seus produtos.

En VINCUSYS tamén creamos un vídeo corporativo no que ensinamos como quedaron os diferentes apartados da páxina, como un escaparate.

Como ves, na nosa axencia de márketing dixital, comunicación e tecnoloxía respondemos ás necesidades de cada cliente e tendo en conta sempre o posicionamento SEO e os requirimentos de cada buscador. Por iso, se che interesan os nosos servizos de creación de páxinas web ou vídeos corporativos, non dubides en contactar connosco e facilitarémosche un orzamento a medida.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles