Noticias

Entrevistas
Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa

Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa

Jacobo Blanco é o director de Capitel Ksa, unha inmobiliaria de Milladoiro (a 5 km de Santiago de Compostela) especializada en aluguer, venda e home staging. Queremos saber como está o sector inmobiliario, que funciona e que non funciona en márketing inmobiliario e que é iso do home staging, do que tanto se oe falar no sector. Despois de 10 anos no sector e coñecendo as idas e vidas da economía neste eido, Jacobo coñece moi ben as características do mercado inmobiliario. Fixémoslle algunhas preguntas:

Sofres das costas e as cervicais? Coñece os beneficios do pilates

Sofres das costas e as cervicais? Coñece os beneficios do pilates

A maioría dos profesionais do márketing dixital pasamos moitas horas sentados fronte un ordenador e coma nós, centos de miles de españois cada día. Falamos cun monitor de pilates para que nos explique cales son os beneficios do pilates para quenes pasamos tantas horas sentados.

Funciona a consultoría especializada para eventos sectoriais?

Funciona a consultoría especializada para eventos sectoriais?

Con motivo da organización da xornada «Innovación UCGAL: Que e canto hai de novo?» (#InnovaciónUCGAL) apostamos pola consultoría especializada para eventos. Para iso contamos coa colaboración de Beatriz Noya, unha consultora externa especializada en I+D+i, á hora de seleccionar empresas e ponentes de grandes e pequenas empresas e organizacións que encaixaran cun evento sobre innovación en alimentación. Quixemos facer unha serie de reflexións, a modo de entrevista, que poidan axudaros á hora de apostar por este tipo de servizos para un evento de empresa.

Consultoría de comunicación: necesítoa?

Consultoría de comunicación: necesítoa?

Consultoría de comunicación? A resposta é SI. Con maiúsculas. Para non perder tempo nin dar paos de cego, o mellor é ter claro que queremos facer e os motivos polos que optamos por esta vía. Un plan estratéxico de comunicación global para a túa empresa ten que estar ben pensado, calibrado e debe ser equilibrado. Por iso non é bo ir sen rumbo, perder enerxía, tempo e diñeiro en accións sen un sentido e unha dirección concretos.