Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Threads de Instagram: a nova alternativa a Twitter

by | Xul 12, 2023 | Blog comunicación, Comunicación, Social media | 0 comments

No mundo das redes sociais, a competencia por captar a atención da xente é feroz. Twitter, dende a entrada de Elon Musk, está a pasar por un momento complicado. E, aproveitando a situación, Instagram lanzou a súa propia alternativa á app: Threads, que xa superou os 100 millóns de usuarios e promete seguir medrando. Por iso, ímosche contar que é exactamente esta nova rede.

Threads é unha rede social de microblogging creada por Meta, responsable de outras plataformas como Facebook ou WhatsApp. Está vinculada a Instagram, outra de Meta, o que é natural ao estar desenvolvida polo mesmo equipo. Se algunha vez utilizaches Twitter, esta nova aplicación é moi semellante.

Busca posicionarse como unha alternativa directa a Twitter, aproveitando a base de usuarios xa existentes en Instagram, xa que se tes en conta esta última non necesitas rexistrarte de novo.

Foi lanzada o pasado 6 de xullo de 2023 e logrou acadar máis de 10 millóns de rexistros nas súas primeiras sete horas de vida. Un éxito que débese, en parte, á crise pola que está pasando Twitter e aos números que manexa Instagram. Ademais, a presencia de celebridades e marcas tamén contribuíron a atraer novas persoas.

Como funciona Threads?

O funcionamento desta nova aplicación é moi semellante ao de outras redes de microblogging. Permite crear publicacións de texto cun límite de 500 caracteres e con posibilidade de engadir vídeos e fotos. A súa integración con Instagram da opción de compartir unha publicación directamente nas historias, o que facilita a interacción entre ambas.

Iso si, no seu lanzamento Threads presentou algunhas limitacións. So conta cun único muro de noticias e mostra o contido a través de algoritmos, o que significa que as publicacións de usuarios que segues estarán mesturadas coas de outros que poden falar de temas que non che interesan. O equipo da app xa anunciou que está a traballar nunha páxina de inicio coa que poñer fin a este problema.

Outra das súas funcións é a da busca de perfís e, coma outras redes deste estilo, ten un apartado de notificacións no que poder ver mencións, respostas as túas publicacións e interaccións. En cada perfil, amósase unha ligazón que dirixe directamente á conta de Instagram correspondente.

E, ao igual que en Twitter, podes configurar o teu perfil como privado, bloquear usuarios ou silenciar palabras non desexadas.

Threads aínda está nunha fase de vida moi temperá e as súas funcións, coma podes ver, son bastante básicas. De feito, carece de hashtags, unha parte integral das redes de hoxe en día.

Threads a nova app de Meta

Un futuro prometedor

Threads chegou pisando forte y xa ten promesas de futuro. Un dos seus obxectivos é descentralizarse para que us usuarios poidan interactuar cos doutras redes, como Mastodon, outra rede de microblogging.

Así mesmo, semella que a app está calando, xa que en menos dunha semana xa captou a 100 millóns de persoas ao longo do mundo, o que demostra o interese do público por ela.

Problemas no paraíso

Mentres Threads crece, Elon Musk no quedou de brazos cruzados. De feito, Twitter estaría pensando en tomar accións legais contra a rede social de Meta.

As razóns serían, supostamente, que estaría a utilizar segredos comerciais da aplicación do paxaro azul ao contratar a moitos dos seus ex empregados, algo co que terían acceso a información confidencial.

Aínda que todo isto son suposicións, o que é innegable é que a interface de Threads garda un gran parecido coa de Twitter. E non só iso, xa que está a haber unha fuga de persoas dende a app de Musk cara á nova de Meta.

Iso non é todo, posto que hai outro grave problema que afecta ao mercado europeo. E é que Threads aínda non está dispoñible en Europa pola Lei de Mercados Dixitais, que obriga á rede a cumprir cunha serie de requisitos estritos antes de poder operar na rexión. Pero dende Meta están a traballar para poder abrila o antes posible.

Twitter Blue para empresas: cambios y polémicas

Haberá que esperar para ver como evoluciona a situación, porque Threads acaba de nacer e ten todo o futuro por diante. O que si che recomendamos e que esteas atento ás novidades para saber cando poderás rexistrate na nova app.

Mentres tanto, se tes unha empresa e queres comezar a anunciar os teus produtos noutras redes sociais, podes confiar na experiencia da nosa axencia de márketing. Así que, se te interesa, contacta connosco e darémoste un orzamento.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles