Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Twitter Blue para empresas: cambios e polémicas

by | Mai 17, 2023 | Blog comunicación, Comunicación, Márketing, Publicidade, Social media | 0 comments

Dende que Elon Musk comprou Twitter, a coñecida rede social experimentou moitas transformacións, tanto para usuarios, como para marcas e anunciantes. O máis significativo é o da creación dun novo servizo de subscrición que a mudou completamente. Por iso, neste post ímosche contar que cambios trae Twitter Blue e as polémicas que o rodean.

Antes de nada, e por se non o sabes, falarémosche de que é exactamente este novo sistema. Twitter Blue é un método de afiliación premium que outorga unha serie de funcións e vantaxes. A máis importante (e controversial) é que engade aos seus subscritores a famosa marca de verificación azul que ata o momento estaba asociado a contas importantes, como celebridades, medios de comunicación, institucións, etc.

Así, calquera subscritor de Twitter Blue pode optar á insignia, tras pasar a revisión que asegure que conta cos criterios apropiados. En xeral, o servizo céntrase en mellorar e personalizar a experiencia. Iso si, só aquelas contas con máis de 30 días de antigüidade poden inscribirse.

O prezo en España é de 9,86 € ao mes dende web e de 11 € dende IOS e Android. Entre as súas características, podes atopar:

  • Posibilidade de editar: isto é algo que os usuarios levaban pedindo durante moito tempo, xa que se errabas ao escribir, estabas obrigado a borrar o tuit e volver a empezar.
  • Menos anuncios: os inscritos teñen a metade de publicidade na súa cronoloxía en comparación co resto.
  • Tuits máis longos: agora, con Twitter Blue pódense escribir mensaxes de ata 4.000 caracteres, fronte aos 280 que están dispoñibles para o resto.
  • Personalización: este servizo permite elixir temas visuais, cambiar a cor das iconas na aplicación e mesmo personalizar a túa barra de navegación. Perfecto se es unha desas persoas ás que lles encanta personalizar todo.
  • Verificación en dous pasos vía SMS: como che contamos nun dos nosos artigos, este método de identificación aumenta a seguridade dos teus datos, polo que a súa inclusión sempre é benvida.

Persoa usando Twitter.

Subscrición para empresas e publicidade

Twitter Blue tamén afecta a empresas e outras organizacións. De feito, creáronse dúas novas insignias: unha dourada para ps primeiros e outra gris para os segundos. Ademais, o prezo da subscrición cambia a 1.000 €, unha subida considerable fronte á tarifa de usuario.

Por outro lado, Twitter anunciou recentemente varios cambios no programa que afectan directamente á forma que terán as marcas para publicitarse. Concretamente, só as que formen parte do servizo poderán mostrar publicidade dentro da rede social.

Por tanto, se tes unha e queres promocionarte nela, terás que afiliarte a Twitter Blue para cumprir cos requisitos. Unha estratexia que, en principio, ten por obxectivo asegurar a calidade dos seus anuncios. Aínda que especúlase que pode deberse a outras razóns.

Dende a entrada de Elon Musk, a aplicación perdeu anunciantes importantes, como Coca-Cola, e os seus ingresos baixaron dende o pasado mes de outubro. Por iso, Twitter estaría buscando novas formas de aumentar as súas arcas.

Unha marca rodeada de polémicas.

Twitter Blue non chegou libre de polémicas. De feito, todo o contrario, xa que dende o primeiro momento os usuarios da rede social manifestaron o seu descontento con algunhas das súas funcións.

Principalmente, polo símbolo de verificado. Esta marca era un signo de autenticidade que aseguraba que unha conta era real. Por exemplo, axudaba a distinguir ao actor Brad Pitt dos que intentaban suplantar a súa identidade. Agora ese status xa non existe, polo que se tornou máis fácil que te poidan enganar.

E non só iso, porque moitos dos que teñen a chapa azul están aproveitando a súa posición para realizar estafas, xeralmente relacionadas con criptomoedas.

Persoa molesta cos cambios.

A última controversia tamén ten que ver con este emblema. O pasado 20 de abril, Twitter eliminou todas as insignias azuis das contas que non estaban subscritas ao seu servizo, o que incluía ás celebridades. Porén, diferentes famosos, xornalistas ou persoas influentes queixáronse de que este símbolo volveu aparecer sen pagar nada.

Entre eles, temos ao escritor Stephen King, ao xogador de baloncesto LeBron James ou ao rapeiro Lil Nas X. Pero non só iso, porque tamén regresou aos perfís dalgunhas persoas falecidas, como o autor Terry Pratchett ou Kobe Bryant.

Ao parecer, o propio Elon Musk restablecería estes signos manualmente a aqueles que teñen un gran número de seguidores e, polo que se especula, sería para dar a impresión de que os famosos estarían adquirindo Twitter Blue.

Iso si, saíulle o tiro pola culata, porque practicamente ningún recibiu o seu regalo de boa gana. A marca azul pasou de ser un símbolo de autenticidade, a un que só xera polémica ao seu redor e que causa emocións negativas. Por iso non é de estrañar que moitas persoas importantes decidiran distanciarse por completo dela e deixar claro que non son os responsables do seu retorno.

El desastre de Netflix: cómo gestionar una crisis de reputación

Surfeando a onda

Ante esta situación, algunhas empresas decidiron aproveitar e montar campañas ao seu redor. Concretamente, Burger King anunciou no seu Twitter que regalaría a un dos seus seguidores o “ChecKING Blue”, facendo un xogo coa palabra inglesa para rei, ‘king’, e a da verificación azul, ‘blue check’.

En que consiste? Pois que o afortunado gañaría un menú Whooper ao mes gratis durante todo o ano. O único que había que facer era participar no sorteo.

Un futuro incerto

Twitter Blue non deixa indiferente a ninguén. Aínda que non leva moito tempo entre nós, cambiou radicalmente a relación que hai entre os usuarios, as compañías e a rede social. Por non falar da publicidade, que agora requirirá unirse ao programa de subscrición obrigatoriamente.

Teremos que esperar para ver como evoluciona este servizo no futuro. Namentres, se tes unha marca e queres anunciar os teus produtos sen subscribirte, tes outros lugares onde facelo. Na nosa axencia de márketing contamos cunha dilatada experiencia en publicidade en redes sociais, polo que se che interesa o tema, contacta connosco e darémosche un presuposto.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles