Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Un estudo ofrece as dez claves do e-commerce para 2022

by | Xul 14, 2022 | Blog deseño web, Márketing | 0 comments

IAB Spain, a asociación de publicidade, márketing e comunicación dixital en España, presentou o pasado mes de xuño o seu estudo anual dedicado ao e-commerce, neste caso correspondente ao presente exercicio.

O principal obxectivo do informe é medir a evolución e as principais tendencias deste mercado no país, ademais de ofrecer as claves que marcarán o ano 2022. Para iso, servíronse de máis de 1.090 enquisas a usuarios e máis de 200 a profesionais do sector realizadas entre os meses de abril e maio.

https://www.vincusys.gal/blog/cal-sera-a-evolucion-do-e-commerce-en-2022/

Unha das conclusións centrais do documento é a cada vez maior penetración da compra en liña, que alcanza xa ao 78 % dos internautas españois de entre 16 a 70 anos. Este dato confirma a tendencia marcada nos últimos anos, tras o 71 % de 2019, o 72 % de 2020 e o 76 % de 2021.

O incremento atribúese principalmente o auxe dos máis novos e ás persoas de mediana idade, é dicir, entre 35 e 44 anos, con resultados similares no caso de mulleres e homes (79 fronte a un 77 %). Tamén segue aumentando a proporción de compradores que opta por unha canle híbrida (en liña-off line), cun 62 %, mentres descenden os clientes exclusivos de métodos físicos e en liña, que se sitúan no 22 e un 16 %, respectivamente.

Esta disposición a opcións híbridas destaca tamén nas preferencias dos compradores para futuro, alcanzando o 80 %. Os mozos inclínanse máis por propostas en liña mentres que o off line aumenta a medida que se exploran as franxas de idade máis elevadas.

https://www.vincusys.gal/blog/a-situacion-do-e-commerce-e-xa-unha-realidade-para-as-pymes/

Esta tendencia contrasta cunha lixeira caída do gasto e a frecuencia da compra en liña, que os expertos que elaboraron o informe atribúen á volta á “normalidade” da sociedade tras o paso da pandemia sanitaria e as restricións de mobilidade.

Os españois compran en liña unha media de 2,8 veces ao mes, cun gasto medio que alcanza os 69 euros e un índice de satisfacción en ascenso (82 sobre 100).

A maioría deste gasto dedícase a categorías como entretemento/cultura (59 %), moda (56 %), tecnoloxía/comunicación (56 %), alimentación (52 %) e viaxes/estancias (52 %).

A conveniencia, a ampla oferta ou os descontos e prezos reducidos son os principais drivers que motivan aos consumidores, é dicir, os resortes que impulsan de maneira efectiva á compra dun produto.

A maioría da poboación serviuse dun ordenador como dispositivo de compra en liña (79 %) fronte ao teléfono móbil (59 %), opción que destaca máis entre os menores de 45 anos.

https://www.vincusys.gal/blog/como-optimizar-o-seo-para-e-commerce/

Internet consolídase, ademais, como a canle de información principal á hora de buscar un produto, o 93 %, dos que un 80 % chega a materializar a compra.

No caso da busca en liña para unha posterior adquisición en tenda off line, este indicador aumentou respecto a 2021 nas categorías de tecnoloxía, beleza e coidado persoal e roupa/complementos.

Marketplaces como Amazon, Ebay ou Aliexpress mantéñense como a referencia entre os usuarios para informarse de produtos e seis de cada dez compradores acoden directamente a estas plataformas web.

As recomendacións por internet (61 %), os amigos/coñecidos/familiares (51 %), os buscadores (49 %), a web da marca (38 %) e as opinións de expertos (29 %) son os principais influencias no proceso de compra. Os usuarios tamén valoran que non se cobren gastos de envío, un dos aspectos máis determinantes xunto coas ofertas, promocións e o prazo de transporte.

Os profesionais do sector, pola súa banda, valoran os prezos competitivos, a calidade dos produtos e un bo servizo ao cliente.

Facebook (68 %) e Instagram (52 %) son as redes sociais protagonistas a nivel comercial, seguidas de Twitter (40 %), WhatsApp (35 %) e YouTube (30 %).

https://www.vincusys.gal/blog/mentiras-sobre-e-commerce-teno-unha-tenda-on-line-por-que-non-consigo-vender/

Se queres abrir ou potenciar o teu e-commerce, contacta con VINCUSYS e axudarémoste na implantación do teu negocio en internet e coa comunicación da túa marca.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles