Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A situación do e-commerce, é xa unha realidade para as PEMES?

by | Out 15, 2017 | Blog deseño web, Márketing, Social media, Tecnoloxía, Tenda on line, Web | 0 comments

O e-commerce ou comercio electrónico instalouse nas nosas vidas e non parou de medrar. Xa son moitas as PEMES que ven na canle on line a oportunidade de aumentar as súas vendas ou simplemente sobrevivir. Falaremos sobre a situación do e-commerce e os seus usuarios.

No primeiro trimestre de 2017 a facturación do e-commerce en España foi de 6.756,9 millóns de euros, un aumento do 25 % con respecto ao ano anterior. Os datos recollidos polo portal da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) amósannos este desenvolvemento. No primeiro trimestre de 2012 o volume de negocio era de 2.452,6 millóns de euros, en cinco anos case se triplicou.

Cal é a situación do e-commerce con respecto ás PEMES?

España é un país de autónomos e PEMES. Segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, do total de 2.843.006 empresas inscritas na Seguridade Social, o 99 % delas pertence a este grupo. Esta realidade podemos levala ao on line. As PEMES e os autónomos tamén están na rede.

As empresas con facturación menor a 500.000 € supoñen o 61% do parque empresarial español en Internet, segundo un estudo realizado polo Observatorio Ecommerce. Séguenlle as empresas cuxa facturación oscila entre os 500.000 e 2 millóns de euros, que supoñen o 17 %.

Neste estudo, realizado a e-commerce españolas de diversos sectores, tamén se analiza a previsión de crecemento destas. Case o 90% espera medrar este ano a súa facturación con respecto ao anterior. Destas, o 61 % espera facelo máis do 10 %.

situacion del ecommerce ventas 768x427 1

Fonte: Observatorioecommerce

En canto ao ticket medio de compra ou volume medio de compra, este é de 80 €, aproximadamente. O 65 % das empresas prevé un aumento, o que corrobora esa tendencia de crecemento do comercio electrónico. De entre estes, o 35 % considera que subirá máis dun 10 %.

situacion del ecommerce ticketmedio 768x378 1

Fonte: Observatorioecommerce

Podemos destacar que son as pequenas empresas, a maioría en España, as que máis están apostando polo e-commerce e que esperan un crecemento da súa actividade nesta canle. Os datos permítennos afirmar que a situación do e-commerce é moi proveitosa para as PEMES.

Como son os usuarios no e-commerce?

Actualmente, 7 de cada 10 usuarios de Internet compra on line. Considerada a poboación internauta aqueles usuarios de 18 a 65 anos, o 73 % compra on line, o que se traduce en 16,4 millóns de españois.

la situacion del ecommerce usuarios

Fonte: Iabspain

En canto ao xénero, non se aprecian diferenzas significativas entre homes e mulleres. Si en canto á idade. A media do comprador on line é de 39 anos, sendo o grupo de idade maioritario o de 31 a 45 anos.

Dos compradores por Internet, o 98 % teñen redes sociais, sendo as principais Facebook, Whatsapp, Youtube e Twitter. Neste sentido é importante lembrar o papel que teñen as redes sociais para as PEMES e, en concreto, as pequenas empresas. Deixámosvos un artigo anterior no que falamos sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio.

Cales son os seus hábitos de compra on line?

No estudo realizado por IAB, o 29 % dos usuarios declara ser comprador exclusivo da canle off line e un 17 % exclusivo do on line.

evolucion situacion del ecommerce 2017 espana

Como vemos na imaxe, a maioría dos usuarios fai un mix e compra tanto en tenda física como por Internet. Espérase que os compradores exclusivos de Internet sobrepasen aos compradores exclusivos do off line.

O mercado estabilizouse en canto á penetración de usuarios, porén, o seu valor aumentou. A xente compra máis a miúdo e o ticket medio aumentou.

A frecuencia de compra cada vez é maior, situándose de media en 2,9 compras por mes (o ano pasado era de 2,4 veces por mes). Este aumento débese ao incremento de compra dos perfís máis novos, os grupos de 16 a 30 anos e de 31 a 45. En canto ao ticket medio, este sitúase nos 80 €, aumentando un 7 % con respecto ao ano anterior. Este incremento é maior entre os homes de mediana idade.

Os principais motivos que levan aos usuarios á compra por Internet son a conveniencia, a oferta dispoñible e o prezo. O 95 % realiza as súas compras dende ordenador. Tamén podemos apreciar o aumento da canle móbil, que é utilizada case polo 40 %.

situacion del ecommerce compra

Fonte: Iabspain

Como vimos, a situación do e-commerce mellorou, experimentando un gran desenvolvemento nos últimos anos e espérase que siga. Gran parte das PEMES españolas meteuse nel debido aos beneficios que lles reporta. Os usuarios fixeron o mesmo e, cada vez máis, adquiren bens e servizos na web. E ti a que esperas? Tés xa un e-commerce? Estás de acordo con estas tendencias?

https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/

Foto: Mediamodifier

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles