Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Mentiras sobre e-commerce: teño unha tenda on line, por que non consigo vender?

by | Xan 20, 2017 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Comunicación, Márketing, Posicionamento web, SEO, Social media, Tecnoloxía, Tenda on line, Web | 0 comments

Esta é unha das eternas preguntas ás que se enfrontan as empresas que deciden crear unha tenda on line e apostar pola venda dos seus produtos a través de Internet. Pero os erros que se cometen tenden a ser iguais ou semellantes e algúns deles fáciles de solucionar. Basta con traballar como unha formiga -inesgotable e a diario- para que os resultados se vexan a medio prazo.

Neste artigo, queremos compartir convosco algúns dos erros máis habituais das empresas que teñen unha tenda on line e non aproveitan todo o seu potencial.

Mentiras sobre e-commerce

Se monto unha tenda on line… vendo máis seguro!

Para comezar, é un erro moi común pensar que, polo mero feito de ter unha tenda on line, imos vender. Iso é absolutamente falso. Pode que abrindo unha tenda cun escaparate moi atractivo no centro da túa cidade ou pobo entre a xente que pasea por diante por curiosidade ou para comprar, pero en Internet a xente non pasea, entra cun motivo e busca cun obxectivo. Décheslles un motivo para entrar? Cumprirán os seus obxectivos se entran?

https://www.vincusys.gal/blog/como-afecta-a-mina-tenda-fisica-ter-unha-tenda-on-line/

Poden ver a miña tenda on line dende todo o mundo, é imposible que non venda máis

Unha tenda on line ou unha web son unha tarxeta de visita: de nada sirve ter 2.500 unidades se non as repartimos ás persoas correctas. É certo que estar en Internet ábreche as portas a ducias de países, a xente que xamais escoitaría falar do teu negocio, produtos e servizos sen o potencial da rede, pero para que cheguen ata a túa tenda -e sobre todo tendo en conta que hai millóns de tendas en Internet- non podes deixar todo en mans do azar. Tes que crear unha estratexia adecuada para saber onde está o teu público potencial e como chegar a el. Parece simple, pero non o é tanto.

Unha tenda on line é como as tarxetas de visita: non sirven de nada se non as repartes.

https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/

Que máis dá que teña que mover os dedos para vela ben dende o móbil?

Erro terrible. Unha gran mentira sobre e-commerce. Se tes unha web non responsive, que non se autoadapta ao dispositivo dende o que a visitas, xa sexa móbil, tablet ou ordenador, estás morto. Dende hai máis dun ano Google penaliza as webs que non se adaptan a todos os dispositivos. E ademais, de cara ao usuario, a experiencia de navegación será calquera cousa menos rápida e agradable. Tes que estar ao nivel da túa competencia. Adaptarse ou morrer, nunca mellor dito.

En seis pasos xa teño o produto na cesta

Seis pasos? En serio? Hai que fomentar a venda en quente: aprendamos dos grandes. Escoitaches falar da compra nun clic de Amazon? Ves un produto, pinchas en comprar e como os teus datos xa están gardados, automaticamente se envía á túa casa en cuestión de días ou incluso horas. Xa sabemos que nunha tenda pequena se complica o proceso, pero máis de tres clics é demasiado: pinchar en comprar, clic no carriño e meter os datos para pagar. Non se pode dar a opción de que o cliente o repense moito e decida contrastar máis, buscar noutras webs, valorar se realmente o necesita… o tempo que tarda un cliente no proceso de compra dun produto na túa web xoga na túa contra.

As redes sociais son só para rexoubar

Si, téndese a pensar que Facebook é para compartir as túas aventuras de fin de semana, as túas vacacións e as túas fotos de comida cos teus amigos. Pero iso é nun perfil de persoa. Unha páxina de empresa é unha ventá a centos de millóns de persoas que están na rede social. Aí debes mostrar o mellor lado da túa empresa, produtos e servizos e tender unha man aos teus clientes potenciais. Poñerán as súas opinións, moitas veces serán malas, pero debes ser agradecido porque coñecelas axudarache a mellorar e ter a opción de non perder o cliente. Nunha tenda física é fácil que unha persoa marche descontenta, non cho diga e llo comente aos seus amigos. En Facebook está o pseudoanonimato de estar tras unha pantalla, o que permite falar con máis claridade. Responde con man esquerda, asume os teus erros e intenta aproveitar esa información directa do teu cliente para mellorar. Nunca un estudo de satisfacción foi tan sinxelo de conseguir e tan barato.

Ademais de ser a túa ventá eficaz ao mundo (fíaste moito máis do que che recomenda un amigo que un anuncio), compartir información e noticias en redes sociais axuda ao posicionamento orgánico da túa web de forma gratuíta (SEO). Non usar redes sociais para dar a coñecer os teus produtos é un erro. As redes sociais deben levar á túa tenda on line. O obxectivo non é que sigan o teu Facebook ou o teu Twitter, trátase de que a través deles consigas que a xente entre na túa tenda on line.

https://www.vincusys.gal/blog/que-pasa-coas-redes-sociais-no-pequeno-comercio/

«Eu véxoo ben»

Xa, non es un profesional da fotografía, pero, sedúceche esa imaxe? Consegue que desexes comprar ese artigo e telo xa en casa? Se non é así, non vale. E é mellor ser crítico, pecar de crítico que pecar de deixadez. Unha boa fotografía pode marcar a diferenza entre o que queres comprar e o que non.

Internet é moi frío, non podo mimar aos meus clientes

Si, non os tes diante, non ven o teu sorriso, non escoitan as túas palabras amables… pero os teus clientes valoran que prestes atención ás súas necesidades e queixas a través da propia web ou as redes sociais e que traballes para ofrecerlles o mellor servizo posible. Isto implica un traballo duro de mantemento da túa web: fotografía coidada, textos que expliquen ben e ao detalle as características do produto e un servizo postvenda impecable. Ás veces, paga a pena deixar de gañar nun produto para non perder un cliente e que falen ben de ti. Lembra sempre que Internet é viral e que a opinión que escriba en Facebook unha persoa sobre ti non a lerá un amigo ao que lla conta no bar, senón que de media terán acceso a ela entre 150 e 200 persoas, a totalidade dos seus amigos nesa rede. E se é de Twitter, peor: calquera persoa que busque información sobre a túa marca terá acceso a ela. As redes sociais son unha arma de dobre filo, moi útiles, pero requiren dunha xestión profesional. Diso falábamos no noso artigo sobre que deben facer os profesionais aos que encomendedes a comunicación da vosa empresa.

Se queres crear unha tenda on line, tes dúbidas de como xestionala ou tes medo ás mentiras sobre e-commerce que se escoitan habitualmente, estamos aquí para axudarche. Non dubides en contactar coa nosa axencia de márketing en Santiago de Compostela.

Fotos: mkhmarketingpixabay

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles