Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.

Co paso do tempo isto non cambiou, pero si a forma de facelo. Hoxe en día, grazas á evolución do márketing de contidos, ten moita relevancia a comunicación a través das redes sociais. A través delas compartirmos información e nutrímonos dela ao mesmo tempo. As empresas tratan de chegar aos seus clientes a través delas, polo que é sumamente importante a forma na que o fan. Aquí é cando botamos man do storytelling.

Ventajas del storytelling

É unha forma de comunicación cunha grande variedade de vantaxes, na que contamos unha historia, coa cal captamos a atención da xente e xera engagement. A historia dependerá do que queiramos contar, dende falar da nosa marca, da nosa empresa ou dun produto. As redes sociais multiplican o efecto do storytelling pola súa potencialidade e viralidade.

Vantaxes do storytelling

  • Permite unha maior conexión co teu público (clientes ou futuros clientes). Hai que redactar invitándoos a participar, xa que a maneira de percibir a mensaxe cambia.
  • As historias son fáciles de lembrar e transmitímolas a outras persoas de diferentes maneiras: WOM  (Word of mouth), compartindo (vía Instagram, Twitter, Facebook…).

Porén, antes de contar calquera cousa é imprescindible determinar unhas pautas para facelo correctamente:

Consellos para desenvolver un bo storytelling

  • Un dos puntos máis importantes é coñecer o teu público obxectivo. Sempre hai que ter claro a quen nos queremos dirixir e que queremos contar, xa que se queremos enfocarnos cara un público novo e informado non nos dirixiremos da mesma maneira que se se tratase dun público maior e posiblemente máis desinformado.

ventajas y consejos del storytelling

  • Outro aspecto é determinar que formato utilizaremos: texto, vídeo…
  • A clave está na diferenciación, en ser orixinais e non facer o mesmo que a nosa competencia.
  • E por último, e non por iso menos importante, hai que ter claro o obxectivo da nosa historia, é dicir, que é o que queremos conseguir contando iso aos nosos seguidores.

Esta historia, é dicir, o storytelling non se percibe polos clientes como publicidade, o que permite que sexa máis crible e que xere un engagement máis alto ca un anuncio tradicional, construíndo e fortalecendo aínda máis a relación con eles. O noso maior reto é crear as mellores historias, posicionando a túa empresa, marca ou produto, e esa historia pode ser o plus que marque a diferenza entre un negocio, marca ou produto do montón e unha innovadora e nova. Se queres saber como o fariamos coa túa compañía contacta connosco!

Foto: StockSnap, TheDigitalArtist, geralt

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles