Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS, partner de márketing do III Congreso Inmobiliario de Galicia

by | Mai 20, 2022 | Blog VINCUSYS, Comunicación, Eventos, Márketing, Publicidade, VINCUSYS | 0 comments

Xa rematado o III Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN), podemos confirmar un ano máis o éxito do evento. Centos de profesionais nacionais e internacionais participaron na cita para debater, aprender e coñecer as novidades do sector.

Desde VINCUSYS tivemos o pracer de participar como patrocinadores e partners de márketing do congreso. Ademais, as entradas da cita presencial e on line vendéronse a través da nosa plataforma de venda de tickets, VINCUTICKET.

Estivemos desfrutando das xornadas durante os tres días (5, 6 e 7 de maio). Aportamos o noso pequeno gran de area co patrocinio dos premios, coa nosa marca VINCUTICKET, e da ponencia ‘Lo que no controlas, te controla’, realizada polo fundador da Real Estate Academy, Nello D’Angelo, coa nosa axencia de márketing VINCUSYS.

O xoves foi un día exclusivo para asociados a AGALIN e nel interviron profesionais de empresas como Ágora MLS, con Moisés Ruiz, e SIRA Spain, con Francis Fernández. A programación rematou coa entrega de premios de AGALIN.

O venres 6 de maio, o día máis destacado e aberto ao público xeral do sector, contou con actividades diferentes dende primeira hora da mañá ata ben entrada a noite. Nesta xornada tivemos o pracer de escoitar a persoas destacadas do ámbito político, como o exministro de Fomento, José Blanco; o exministro de Turismo, Joan Clos; e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por VINCUSYS (@vincusys)

A vivenda turística: un debate no que AGALIN sempre tivo moito que aportar

Tamén tomou palabra a conselleira de Vivenda de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, quen falou do problema que existe coa vivenda turística e sobre como afecta ao aluguer habitual en Galicia. A responsable anticipou que recibiron unha sentenza xudicial que ratifica a necesidade de ter permiso do concello para poder ofrecer este servizo a viaxeiros, ademais de que debe ser regulado como actividade económica e terciaria, o que implica rigurosos controis e normativas.

Ante isto, Mercedes Rosón anunciou que pretenden aprobar unha regulación definitiva dos pisos turísticos en Santiago de Compostela, especialmente no casco antigo. A intención é restrinxir a oferta a certos barrios e que só baixos ou primeiras plantas de edificios poidan estar destinados a viaxeiros. Aparte, a normativa acotará estes aloxamentos a dous meses por ano. As constantes reunións de AGALIN co Concello e o traslado da problemática á prensa a través da nosa axencia foron de gran valor para concienciar á poboación sobre a problemática e atallala antes de que acadar unha solución fose inviable.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por Agalin (@agalin_galicia)

Do mesmo modo, este segundo día interviron no congreso profesionais do sector inmobiliario como o presidente de AGALIN, Carlos Debasa; o tesoureiro de AGALIN e CEO de Capitel KSA, Jacobo Blanco; a presidenta de Vivienda2, María José Corrales; e o presidente do Consejo General de COAPIS de España, Gerard Duelo, entre outros.

Para nós é un orgullo ter participado nun evento tan destacado do sector, no que tivemos ocasión de cruzar unhas palabras con persoas de traxectoria recoñecida a nivel estatal e de poñernos ao día sobre as últimas tendencias do ámbito inmobiliario.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará