Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS presenta a nova tenda online de Pilgrim Bike

by | Mai 2, 2023 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, Posicionamento web, SEO, VINCUSYS, Web | 0 comments

Pilgrim Bike confiou na nosa experiencia para crear e deseñar a súa nova tenda en liña. A día de hoxe, facer envíos ao longo e ancho do país é algo normal. Iso si, non é o mesmo enviar un paquete pequeno que un obxecto de grandes dimensións, e a tarefa pode chegar a complicarse. É aí onde entra Pilgrim Bike, unha empresa que se dedica ao envío de bicicletas. Así, os seus clientes -en especial os peregrinos que fan o Camiño de Santiago en bicicleta-, poden mandar este obxecto dunha comunidade autónoma a outra e, incluso, a outros países.

O obxectivo de Pilgrim Bike é ofrecer a cada usuario unha experiencia satisfactoria cun obxecto que, para moitos, é un medio de transporte habitual. Por iso, emprega as mellores opcións de embalaxe, de cara a garantir que as bicicletas cheguen ao seu destino en perfecto estado. Un servizo que, pola súa localización en Santiago de Compostela, ten moi presente aos peregrinos que chegan facendo o Camiño, e ofrece unha forma sinxela de enviar este método de transporte de volta a casa.

Creamos un deseño simple, limpo e co que optimizar a usabilidade do usuario, é dicir, que sexa intuitiva, áxil e fácil de usar. Por iso, conta cunha ‘landing page’ ou páxina de aterraxe, onde están resumidas tódalas opcións, e unha tenda online para facer os envíos. Unha estrutura que aumenta a comodidade do visitante.

En canto ás cores, tomamos o verde, presente no seu logotipo, e convertémolo na cor principal, combinándoo co branco e o negro. Así, conseguimos xerar un equilibrio cromático, harmonioso e atractivo para á vista, no que ningún apartado rompe coa estética.

Captura de la página web de Pilgrim Bike.

A web conta con 5 seccións diferentes: inicio, Pilgrim Bike, servizos, prezos e contacto. Como comentamos, están na mesma páxina, pero o seu contido é completamente distinto.

A primeira, inicio, é, como cabería esperar, o apartado de benvida. Nela encóntrase o logo da empresa, o título principal, unha imaxe de fondo dunha persoa percorrendo unha ruta en bicicleta e un botón que, ao pulsar, dirixe aos prezos.

En Pilgrim Bike hai unha breve explicación de que é o negocio e que fan exactamente.

Servizos, pola súa parte, describe as súas actividades, destacando dúas principais: envíos de Santiago de Compostela ao mundo e dende casa ao comezo do Camiño. Nesta última, Pilgrim Bike manda aos seus clientes un kit de embalaxe co que empaquetar a súa bici, dálles asesoramento e atención telefónica ás 24 horas.

Na sección de prezos están tódalas tarifas dispoñibles. Por exemplo, as do transporte entre comunidades autónomas, de España a Portugal, da península ás Illas Baleares, etc. Todas están organizadas en grandes columnas de tres para facilitar a súa visibilidade e a dos diferentes destinos.

Por último, en contacto está toda a información necesaria para poder comunicarse coa empresa, como o seu número de teléfono, o seu correo electrónico ou a súa dirección. Tamén conta cun mapa no que situar de forma precisa o lugar no que están as súas instalacións.

Dende VINCUSYS, encargámonos sempre de crear páxinas web con deseños adaptados ás necesidades dos nosos clientes. Por iso, se precisas un novo sitio ou unha nova imaxe, non dubides en contactar connosco.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles