Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS renova a páxina web de Capitel KSA

by | Xuñ 29, 2023 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, SEO, VINCUSYS | 0 comments

Un dos nosos últimos traballos foi renovar a páxina web do noso cliente, Capitel KSA, seguindo os seus novos obxectivos e modificando a súa imaxe por completo.

Capitel KSA é unha inmobiliaria con base en O Milladoiro, Ames, que ofrece unha ampla gama de servizos. Os seus profesionais contan cunha longa experiencia no sector, o que lles confire o coñecemento necesario para xestionar calquera das peticións dos seus clientes.

Á hora de renovar o seu sitio web, o noso equipo de deseño gráfico guiouse polas últimas tendencias do mercado, empregando as cores e a tipografía do manual de marca de Capitel KSA. Contan con cinco apartados: ‘inicio’, ‘inmuebles’, ‘servicios’, ‘noticias’ e ‘contacto’.

A primeira páxina, a de inicio, garda o contido máis importante do sitio, de maneira que o visitante atope o que necesita nada máis chegar para evitar que saia da web se ve que ten que facer moitos clics.

En ‘inmuebles’, preséntase o proceso que segue a inmobiliaria á hora de comprar e vender propiedades e inclúese unha ligazón directa ao seu catálogo de vivendas dispoñibles.

O apartado fundamental deste rediseño é, sen dúbida, o de servizos. O noso cliente tiña un obxectivo claro: resaltar a súa lista de servizos ao completo para que o cliente coñeza todo o que pode facer por el. Así, engadimos un módulo no que detallamos todo isto.

Capitel KSA tamén ten unha serie de servizos adicionais e complementarios, como a elaboración de reportaxes fotográficas ou o home staging, que as persoas poden conseguir sen custo adicional se venden a súa propiedade en exclusiva coa inmobiliaria. Unha oferta que destacamos cun banner propio para remarcar a súa relevancia.

Noticias é a sección que agrupa todos os artigos da web, mentres que a pestana de contacto contén os datos esenciais para poder comunicarse cos profesionais de Capitel KSA.

Nova web de Capitel KSA

En VINCUSYS somos especialistas en deseñar e desenvolver páxinas web que cumpran coas necesidades dos nosos clientes e cos requisitos para ter un bo posicionamento SEO. Se precisas unha páxina para o teu negocio, non dubides en contactar connosco e darémosche un presuposto.

Sant Just Parquets renueva su página web

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles