A primeira plataforma de anuncios que tivo Facebook, antes de denominarse Facebook Ads, chamábase “Flyers“. Naceu no ano 2004 e consistía nun banner situado na páxina principal que custaba entre 10 e 40 dólares por día.
Posteriormente estes anuncios pasaron a ser poxados, así que foron os anunciantes quenes decidiron canto estaban dispostos a pagar por sair neles.
Que son os anuncios de Facebook?
Facebook Ads é unha plataforma a través da cal poderás promocionar a túa páxina de Facebook, sitio web, evento ou aplicación.
A plataforma permite vender e promocionar produtos de forma sinxela, a través de campañas, cun presuposto modesto. Ademais, podes segmentar o público ao que queres chegar empregando as opcións da propia ferramenta de anuncios.
Facer campañas de Facebook implica unha serie de procesos:
- Escoller o público obxectivo de forma correcta.
- Escoller o tipo de campaña adecuada para cada tipo de público obxectivo.
- Crear os anuncios, as súas creatividades e escoller as fotos adecuadas.
- Establecer obxectivos.
- Establecer KPI’s (indicadores claves de redibilidade) para medir eses obxectivos.
- Facer un seguimento das campañas.
- Optimizalas segundo os resultados que estean conseguindo.
Facebook Ads é unha das ferramentas máis potentes á hora de anunciarse. A súa principal vantaxe está no gran alcance que ten, xa que actualmente é a rede social con maior número de usuarios.
Que podes conseguir con Facebook Ads?
Quitar proveito aos anuncios de Facebook implica coñecer ben a ferramenta porque é bastante complexa e ofrece numerosas opcións. Estas son algunhas das funcións que podes atopar:
Segmentación do público
A plataforma ofrécenos múltiples formas de segmentar:
- Segmentaciíon xeográfica: se a túa campaña está dirixida a persoas que se atopan nunha ubicación específica. Se tes un restaurante en Madrid querrerás chegar a usuarios de Madrid.
- Segmentación por idade e sexo: se o teu público son homes e mulleres de entre 30 e 50 anos, deberás dirixir a túa campaña a ese tipo de público.
- Segmentación por intereses: permite realizar segmentacións segundo os gustos do noso público. Facebook ten moita información sobre a actividade dos seus usuarios na súa rede, co que poderás enfocar os teus anuncios a persoas interesadas no teu sector de actividade.
- Retargeting: esta opción permite volver a impactar a aquelas persoas que interactuaron coa túa páxina de Facebook.
Personalizar anuncios
Dende a propia plataforma, Facebook permítenos personalizar os anuncios: engadir varios títulos, varias imaxes e descricións. Os seus algoritmos detectarán cal deles é máis adecuado para cada persoa.
Ademais, ofrece opcións de personalización, como por exemplo por un prezo sobre unha imaxes escollendo a cor, o formato e a tipografía do texto. Tamén podes engadir ofertas a determinados produtos.
Medidores e control de campaña
Facebook Ads ten un cadro de control no cal podes ver todos os anuncios que se realizaron, en que estado están e os seus resultados.
Dirixir o tráfico ao teu perfil, web ou aplicación
Cando creas un anuncio, tes a opción de escoller a onde queres dirixir ás persoas que interactúen coa túa publicación. Podes envialos á túa web, ao teu perfil, a unha aplicación ou incluso poñer como obxectivo que che envíen unha mesaxe.
Publicidade para todos os dispositivos
Os anuncios de Facebook están pensados para que a súa visualización sexa óptima en calquera dispositivo: ordenador, móbil ou tablet.
Crear unha tenda dentro de Facebook
Para poder vender dentro de Facebook tes que establecer a túa páxina como tenda e incorporar os produtos que queiras vender. Esta opción está dentro de Facebook Ads, mais ten o seu propio apartado, o denominado Facebook Commerce Manager.
Dende esta plataforma poderás incorporar os teus catálogos de produtos, coas súas imaxes, prezos e descricións. E posteriormente publicitalos en Facebook Ads coa opción «vendas de catálogo».
Anuncios para Instagram e Messenger
Facebook permíteche dirixir os teus anuncios aos seus usuarios ou mostralos tamén en Instagram e Messenger.
As campañas de anuncios de Facebook son complexas polas súas múltiples posibilidades de personalización sumadas ao número de usuarios que teñen as convirten nunha opción moi interesante á hora de escoller un espazo no que anunciar os teus produtos ou servizos. Dende a nosa axencia de márketing en Vigo podemos axudarte con todo o proceso.
Quizáis queiras ler tamén este artigo sobre a credibilidade das opinións en Facebook:
https://www.vincusys.gal/blog/son-fiables-as-opinions-en-facebook/
0 Comments