Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

8 consellos para optimizar vídeos para SEO

by | Mar 26, 2016 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Axencia de publicidade, Blog publicidade, Márketing | 0 comments

Nos últimos anos, o vídeo márketing volveuse moi popular entre as empresas. A medida que as cámaras foron achegándose aos usuarios, fíxose máis sinxelo producir vídeos. Na actualidade, os móbiles permítennos realizar e compartir audiovisuais de alta calidade dende calquera lugar. De feito, compartir en directo cobra cada vez maior importancia.

Por estes motivos, conseguir unha estratexia de márketing adecuada ao formato é importante e permite aumentar a autoridade do teu sitio web e reforzar a imaxe de marca do teu negocio. E se tes redes sociais, é imprescindible que uses vídeos. Segundo un estudo realizado por Hootsuite, en 2015 rexistrábanse unha media de 8 millóns de visualizacións diarias de vídeos en Facebook. E as cifras seguen medrando.

Para seguir unha estratexia adecuada e optimizar vídeos para SEO, debes seguir os seguintes puntos:

Escolle a plataforma de aloxamento de vídeo adecuada

Ao escoller a túa plataforma de aloxamento de vídeo, terás que ter en conta as razóns polas que publicas o teu vídeo. Estás optimizando o teu audiovisual para obter tráfico ao sitio web e novos clientes potenciais? Ou o teu obxectivo é potenciar a marca?

Se está centrado en potenciar a marca, YouTube poder ser unha moi boa opción. O problema destas plataformas é que a maior parte do tráfico vai a eles en troques do teu propio sitio web. Isto pode levar aos teus posibles visitantes a perderse e rematar no sitio web da competencia.

A pesar disto, YouTube contribúe a aumentar a autoridade do sitio web, polo tanto, aínda que pode desviar o tráfico directo a outras webs, un vídeo en YouTube pódeche axudar a subir o posicionamento orgánico ou natural da túa páxina web.

Se estás máis centrado en obter tráfico no sitio web e que este sexa relevante orientado a conversións, podes empregar o propio vídeo para impulsar a conversión empregándoo para prover á propia web de contido. Neste caso, podes empregar outras plataformas para integrar o vídeo co teu sitio web.

Inserir unha transcrición de vídeo

Se te fixaches no muro de Facebook, é probable que viras vídeos con subtítulos xunto ao vídeo para que poidas lelo sen necesidade de habilitar o son e non molestar a outras persoas. O texto que se mostra co teu vídeo escrito coñécese como transcrición.

Non só as transcricións fan que os teus vídeos sexan máis accesibles para unha audiencia máis grande, senón que fan que os teus vídeos poidan ser entendidos por robots de busca, xa que en moitos casos son formatos de texto na propia páxina.

As transcricións cobran maior importancia cando o vídeo é máis longo, ofrecendo información que aumenta o impacto do vídeo.

Asegúrate de que a imaxe en miniatura é atractiva

A miniatura do vídeo é o que se verá nos resultados do buscador cando o vídeo estea indexado, polo que desempeña un papel importante para que a xente faga clic. Tes que pensar na imaxe en miniatura como se se tratase da cuberta dun libro ou a páxina de inicio do seu sitio web. Ten que ser atractiva e relevante.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-debes-ter-unha-estratexia-de-video-marketing/

Presta atención ao título e descrición do teu vídeo

Igual que fas para unha entrada no blog, o título e a descrición xogan un factor decisivo para os vídeos. Dedica tempo a crear un título e unha descrición de vídeos atractivos. Realiza unha investigación de palabras clave para asegurarte de que estás empregando as palabras adecuadas e que a xente busca.

Asegúrate de que o resto da túa páxina é relevante e optimizada para SEO

Non podes confiar unicamente en optimizar o teu vídeo para aumentar o posicionamento nas SERP dos buscadores. É importante que a páxina en si tamén estea optimizada para SEO, senón pode que non aparezas ben situado nos resultados de busca.

Se continúas creando contido de alta calidade e mellorando o SEO, obterás unha boa posición nos buscadores.

Tamén é importante asegurarte de que o vídeo é relevante para a páxina na que se atopa. É dicir, o vídeo debe estar nunha páxina cuxo contido estea relacionado co propio vídeo.

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-do-seo/

Converter o vídeo no foco da páxina

Moitas veces nas páxinas web os vídeos atópanse no pé da páxina ou en lugares pouco visibles e pode que os usuarios teñan que desprazarse e desprazarse ata que finalmente poidan ver o vídeo. Se o vídeo está oculto ou moi abaixo, entón as posibilidades de que axuden a fidelizar aos usuarios son complexas.

A mellor maneira de aumentar a relevancia dun vídeo é convertelo no foco da páxina.

Non inclúas o mesmo vídeo en varios lugares

Non ten sentido competir contra ti mesmo. Se a túa páxina e o teu vídeo son relevantes o un para o outro e queres asegurarte de que a páxina e o vídeo sexan vistos, entón non ten sentido poñer o vídeo en outras partes do teu sitio web ou outras plataformas.

Non confíes só en SEO para promover o teu vídeo

Por último, é importante lembrar que non podes confiar só en SEO. Google está cambiando constantemente os seus algoritmos. O posicionamento deste formato está evolucionando rapidamente. Cada ano melloran os robots para poder clasificar e indexar os vídeos.

O SEO é difícil de controlar e cambia constantemente, así que se realmente buscas obter máis clics e máis visualizacións para o teu vídeo, debes aproveitarte da súa difusión a través das redes sociais e, se é posible, investir en publicidade.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles