Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Como empregar o ‘live shopping’ para publicitar a túa marca

by | Mar 23, 2023 | Blog publicidade, Marca persoal, Márketing, Publicidade, Tenda on line, Vendas | 0 comments

O comercio en liña despegou e é unha forma de compra completamente normalizada hoxe en día. Neste contexto, xurdiron novas técnicas publicitarias que aproveitan este fenómeno. Unha delas é a chamada ‘compra en directo’, que está a popularizarse en redes sociais. Así pois, neste post imos ensinarche os beneficios de apostar polo ‘live shopping’ para promover a túa marca e surfear a onda. 

O live shopping é unha tendencia na compra on line que consiste en vender produtos en tempo real mediante transmisións en vivo, co obxectivo de promover unha marca, chegar a unha maior audiencia e aumentar as vendas.

É unha evolución da mítica teletenda, na que se ensinaban os artigos comentando funcións e características. En lugar de facelo en televisión, aquí as empresas empregan Internet para mostralos en directo, polo que non só poden falar da súa mercadoría, senón tamén interactuar ao momento co público.

Esta técnica naceu en China no ano 2016, pero non se popularizou en Occidente ata a chegada da pandemia do Covid-19, que incrementou as ventas de tendas en liña e deu a coñecer este método arredor do mundo.

O live shopping adoita facerse en plataformas como Instagram, Twitch ou TikTok, onde hai un grande fluxo de usuarios que consumen contido en vivo. Para eles, é unha experiencia nova e entretida, na que poden ver aos seus creadores favoritos interactuar con marcas e produtos, ensinar as súas características e usalos en directo.

Isto pode crear nos consumidores unha nova necesidade que se pode cubrir ao instante, xa que o método de compra está dispoñible aí mesmo. A idea é acelerar a viaxe de compra dende a idea de adquirir certo artigo ata o momento no que realiza o pago.

Empresaria muestra sus productos en directo.

Beneficios do live shopping

A nova tendencia de comprar a través do ‘streaming’ está crecendo e ofrece varias vantaxes á hora de promover os teus produtos. Por iso, contámosche sobre os beneficios que che pode achegar.

Personalización e interactividade

Cada un pode facer o directo e estruturalo como queira. De feito, o maior atractivo do live shopping é ver como os creadores e influencers ensinan produtos con naturalidade, probándoos e falando deles de forma espontánea.

Tamén ofrece unha gran interactividade co público, xa que permite responder tódalas dúbidas que teñan os usuarios ao momento, amosar usos do artigo que pidan ou comentar aqueles puntos polos que se interese o público.

Máis emoción e diversión

A diferenza da teletenda ou a publicidade convencional, o live shopping pódese converter en toda unha experiencia. Posibilita crear un contido divertido e entretido no directo, en lugar de limitar a ensinar o produto.

Non hai regra escrita, así que permite dar renda solta á creatividade. De feito, canto máis emocionante sexa o directo, mellor.

Poucos custos

Este método pode ser unha boa opción se non tes un grande orzamento para publicidade porque o custo da teletenda é moito máis elevado.

Dependendo do equipamento usado, o ‘stream’ terá maior o menor calidade, pero hai moitas opcións de baixo custo que poder servir para empezar.

Adeus ás dúbidas, ola a compra inmediata

A través do live shopping, podemos chegar a acurtar o tempo no que os teus clientes deciden se queren comprar o teu produto, xa que ao responder as súas preguntas e ensinar o artigo en detalle de forma personalizada, convenceranse rapidamente.

Alcance inmediato

Acabouse o lanzar publicidade e esperar a ver se chegan os resultados. Aquí, o alcance vai ser inmediato, porque as persoas que cheguen ao directo sobre o teu produto poderán presenciar ao momento o que queres contar sobre el.

Influencer enseña un producto.

A era da influencia

Esta tendencia está ao alcance de todos. Calquera pode configurar un ‘set up’ na súa casa, comezar unha transmisión en directo e comezar a utilizar o live shopping. Pero a verdade é que ese ‘stream’ sería un nun océano enteiro de contido. Por iso, a mellor opción á hora de levar a cabo esta estratexia é acudir a influencers. 

As celebridades de Internet teñen un gran número de seguidores detrás sobre os que teñen moita influencia. O seu público está sempre atento ao que din as marcas e produtos que recomendan.

Eles saben como falar aos seus seguidores e como vender os teus servizos, saben o que lles gusta e como lles gusta que se lles trate.

Dende o punto de vista do usuario, non están vendo un anuncio máis, senón unha persoa na que confían que está a falar dun artigo, das súas características e vantaxes, polo que haberán moitas máis posibilidades de que decidan facerlle caso e probar.

Se queres coñecer máis sobre como funciona a publicidade con influencers, preme nesta ligazón.

Iso si, é mellor que, á hora de elixir con que influencer traballar, teñas en conta a súa área de especialización. Non vas contactar con, por exemplo, Dulceida, para promover un videoxogo ou unha moto. O mellor é que investigues que hai no mercado e escollas o que se adapte a túa marca. Ademais, os custos do live shopping tamén subirán, xa que agora terás que chegar a un acordo económico cun creador de contido e, canta máis audiencia teña, máis caro será.

O live shopping está a triunfar, sobre todo en redes como Instagram ou TikTok, onde tanto marcas como influencers van moi en serio. Por esta razón, se queres apuntarte á moda e aproveitar tódalas vantaxes desta tendencia, contacta con nós e xestionaremos todo o proceso para ti. 

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles