TikTok ten os días contados nos Estados Unidos. O país norteamericano prohibirá o uso da app a partir do 19 de xaneiro e deixará aos 170 millóns de usuarios estadounidenses sen acceso. Un cambio radical no panorama dixital que supón un duro golpe para a rede social.
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos decidiu vetar esta app por cuestións de seguridade nacional e, presuntamente, por ser unha plataforma para a espionaxe e para a propaganda china por parte de ByteDance, a empresa matriz. A pesar de negalo en repetidas ocasións, os lexisladores do país norteamericano continúan firmes coa súa decisión nun escenario de crecente desconfianza.
Así pois, TikTok tería dúas alternativas: acatar o peche ou vender o control das súas operacións nos Estados Unidos, o que lle permitiría seguir coa súa actividade. De non facelo, eliminarase das tendas de aplicacións, tales como Google Play ou Apple Store.
Donald Trump expresou a súa desconformidade con respecto á prohibición de TikTok. O futuro presidente, que utilizou a rede social como canle para chegar aos votantes máis novos, prometeu salvar a aplicación. Porén, o tempo parece non estar do seu carón, xa que a súa toma de posesión terá lugar ao día seguinte de que o veto entre en vigor.
¿Qué pasará cos usuarios actuais da app? Pois, probablemente, verán restrinxido o seu acceso de forma total, a menos que usen unha conexión VPN, unha tecnoloxía que che permite ‘falsear’ a ubicación desde a que te conectas a internet e evitar os bloqueos xeográficos. Con todo, o seu uso adoita ser de pago e pode resultar complicada para moitas persoas.
Elon Musk, o posible salvador
O futuro de TikTok podería quedar en mans de Elon Musk. Según fontes de Bloomberg, ByteDance estaría estudando un acordo co magnate para venderlle o control das operacións da rede no país norteamericano.
Isto salvaría a aplicación e daríalle a Musk o poder de dirixir a rede social. Trataríase dunha fusión estratéxica coa que atraer a novos anunciantes a X e utilizar os datos da app china para a empresa de intelixencia artificial do millonario, xAI.
Elon Musk xa criticara anteriormente a decisión do Tribunal Supremo e defendía a liberdade de expresión dos cidadáns. Iso sí, ByteDance asegurou que toda esta situación non é máis que ficción.
Outro millonario que mostrou o seu interese por comprar TikTok é MrBeast. O coñecido YouTuber publicou un post en X en tono de broma no que afirmaba que se faría co control da aplicación para evitar o peche. Pero, tras a resposta xeralizada e tras ser contactado por figuras influentes, parece que o está considerando como unha realidade.
Okay fine, I’ll buy Tik Tok so it doesn’t get banned
— MrBeast (@MrBeast) January 14, 2025
A migración xa comezou
Ante a inminente marcha de TikTok, os usuarios non se quedaron quietos e xa comezaron a buscar alternativas. E, casualmente, a que máis popularidade gañou é outra app de orixe china, RedNote.
Esta aplicación, coñecida tamén como Xiaohongshu, posicionouse no número un de descargas no país norteamericano e recibiu unha gran cantidade de perfiles novos.
Non é de extrañar, xa que o seu funcionamento é moi similar ao de TikTok, mostrando vídeos en formato vertical que van pasando un detrás de outro segundo rematan. Os usuarios non tardaron en facer viral o hashtag ‘#tiktokrefugees’, é dicir, refuxiados de TikTok.
Un futuro descoñecido
Ante toda esta situación, o futuro de TikTok está nun lugar incerto. A súa presenza nos Estados Unidos parece que rematará a non ser que os seus lexisladores cambien de opinión.
En España seguirá operando con normalidade polo momento. Iso si, as autoridades europeas tamén teñen a rede social no punto de mira polas súas propias preocupacións de privacidade e seguridade. Non sería de extrañar que se limitase o seu uso en certa maneira o día de mañá.
O que suceda a partir do 19 de xaneiro será crucial para definir o destino de TikTok.
0 Comments