Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A importancia da música na publicidade de Nadal

by | Dec 24, 2023 | Axencia de publicidade, Blog publicidade, Márketing | 0 comments

A chegada da temporada de nadal nótase no ambiente. As rúas, as casas e os establecementos están cheos de decoracións e luces de cores que poñen á xente en situación e alertan ás marcas de que chegou o momento de comezar coas súas campañas. E hai un elemento en especial que é esencial nesta época do ano. Neste post, contámosche a importancia da música na publicidade de Nadal e por que non debes subestimar o seu poder.

Como xa saberás, as festividades do último mes do ano son moi importantes para toda empresa que, aproveitando a tradición de facer regalos, intenta aumentar as súas vendas de maneira significativa. Nesta ardua tarefa, a música xoga un papel fundamental. Non só sitúa en contexto ás persoas e avisa de que xa estamos en Nadal, senón que ten efectos beneficiosos para que os teus anuncios perduren nos seus recordos.

Quen non recorda a coñecida canción de ‘Las muñecas de Famosa‘, a melodía de El Corte Inglés de ‘Creo que mi padre es un elfo‘ ou o vilancico do turrón de Antiu Xixona? Estes temas fixéronse un oco na memoria de todos os españois que, ao chegar o tempo de nadal, cantaruxan coma se fosen vilancicos clásicos.

Por este motivo, moitos negocios apostas polo uso de jingles, pezas musicais creadas especialmente para publicidade, co obxectivo de invadir a túa mente e que, dunha forma ou outra, o seu produto estea sempre na túa cabeza.

Unha linguaxe universal

A música pode transcender as barreiras lingüísticas e culturais, coma se se tratase dunha linguaxe universal que resoa coa xente de todas as idades. Concretamente, os vilancicos actúan coma unha especie de catalizadores emocionais que entende todo o mundo e transportan a quen os escoita a un estado de nostalxia e alegría. Por esta razón, moitas marcas incorporan estas cancións tan sinxelas de recoñecer na súa publicidade.

Non so iso, xa que a elección da melodía serve para crear un ambiente adecuado. Un negocio que busque transmitir calidez e familiaridade optará por empregar unha banda sonora con instrumentos de vento, campás ou coros. Por outro lado, se busca un ton máis moderno e urbano, elixirá versións actuais ou remixes de clásicos do nadal.

A ciencia detrás da música

Tras a selección de cada canción nunca campaña publicitaria de nadal, hai unha coidadosa consideración da psicoloxía do consumidor. A música ten o poder de influír no teu estado de ánimo de xeito significativo.

As melodías lentas e melancólicas poden evocar sentimentos de nostalxia mentres que as alegres inspiran felicidade e entusiasmo. Comprender esta relación é fundamental á hora de comunicar unhas mensaxes específicas durante a temporada festiva.

Iso si, por moita influencia que teña, sen unha mínima coherencia, non haberá bos resultados. Elixir un tema e ser consistente ao longo de varios anuncios contribuirá á construción dunha narrativa que reforce a mensaxe centra da marca.

Publicidad engañosa: qué es y por qué es peligrosa

Como ves, na sinfonía do márketing de nadal, a música é unha ferramenta que eleva unha campaña publicitaria e a volve inesquecible. Ao entender o impacto emocional das melodías, as marcas crean experiencias auténticas e conectan coa súa audiencia dunha forma que vaia máis aló dunha simple transacción comercial.

Por iso, nesta época do ano é unha das máis interesantes de observar ao ver como tantas empresas esfórzanse en xerar un anuncio que cative a todo o mundo. Unha inversión económica que, aínda que sexa grande, soe merecer a pena.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles