Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Vivimos nun mundo cambiante, no que as estratexias de márketing e publicidade evolucionan constantemente. Unha das razóns desta transformación é a chamada xeración Z, formada por nativos dixitais que están a romper coas dinámicas que coñeciamos ata agora. Neste post, imosche contar que é exactamente e a súa importancia para alcanzar o éxito nas túas campañas.

O comezo da xeración Z é difícil de delimitar. Algúns consideran que empeza cos nados nos anos 1997 e remata arredor do 2010. Mentres que outros marca o seu inicio co do século, no ano 2000, e alóngano ata o 2015. En xeral, podemos dicir que se sitúa entre mediados da década dos 90 ata mediados da década de 2010.

Este grupo demográfico creceu nun entorno dixital e tecnolóxico, algo que moldeou os seus comportamentos e actitudes cara ao o consumo e interacción coas marcas.

Os seus gustos e intereses son completamente diferentes aos das xeracións que os preceden, o que non debe sorprenderte, xa que viviron varias crises económicas, coñecen moi ben o cambio climático e experimentaron diversos cambios socioculturais.

Características

Como o resto dos seus antecesores, a xeración Z posúe unhas características particulares que os definen e que debes coñecer.

Sempre conectados

Os nacidos dentro deste grupo están sempre conectados a Internet. Creceron nun mundo de redes sociais, dispositivos móbiles e acceso instantáneo á información. Por iso, as túas estratexias deben ter en conta a súa necesidade de interacción e comunicación en tempo real.

Xeración Z adicta

Mellores decisións

A xeración Z tende a elixir mellor os produtos que compran, sendo prácticos e funcionais. Ademais, posúen un gran compromiso social co medio ambiente, algo que inflúe na súa toma de decisións e pode ser un factor determinante á hora de escoller entre unha cousa ou outra.

Menos, é máis

Para eles, en moitas ocasións a calidade é máis importante que o prezo, polo que prefiren gastar máis diñeiro se iso garántelles que obterán un bo produto.

Personalización e autenticidade

Este colectivo valora a autenticidade e busca experiencias personalizadas. Non se conforma con mensaxes xenéricas ou campañas masivas, prefire que as marcas amosen contido relevante e se involucren en conversacións auténticas. Así mesmo, busca que as empresas estean comprometidas con causas sociais e inclínanse cara as que o están.

Nativos dixitais

Os individuos da xeración Z non viron un mundo sen Internet. Por iso, son expertos en tecnoloxía e séntense cómodos con diversas plataformas e aplicacións, como ordenadores, móbiles ou tabletas. Están acostumados a elas e á comunicación multitudinaria, algo a ter en conta á hora de realizar estratexias.

Nativos dixitais

A importancia da ‘Z’ no márketing

Agora que sabes que é a xeración Z e as súas características, é o momento de que coñezas as razóns polas que este segmento da poboación é importante dentro do márketing.

Representa unha gran parte da poboación

A xeración Z é un dos conxuntos demográficos máis grandes na actualidade. Aínda que está formada por adolescentes e adultos xoves, calcúlase que representan o 40 % dos consumidores na actualidade. Non so iso, xa que os expertos afirman que o seu poder adquisitivo é cada vez maior e so vai ir en aumento.

É leal as súas marcas

Os nacidos dentro deste grupo amosan unha tendencia cara a lealdade de marca cando atopan unha empresa que coincide cos seus valores. Prefiren ser fieis a un produto en lugar de ir cambiando segundo as súas necesidades. Como negocio, apuntar a esta xeración pode achegarte un fluxo de clientes estable que ten unha conexión emocional cos teus servizos.

Inflúe na súa familia

A miúdo, estes xoves teñen un impacto significativo na toma de decisións de compra da súa familia. Por iso, entender as súas preferencias e hábitos de consumo pode permitirche chegar a un público máis amplo a través da súa influencia.

Faise viral con facilidade

A xeración Z pasa unha gran parte do tempo en redes sociais, o que lle da o potencial de xerar contido viral e participar en campañas. Se a túa marca chama a súa atención, é probable que comparta a túa mensaxe e amplifique o seu alcance.

Malas prácticas en redes sociales que debes evitar

Unha xeración por explorar

Como ves, a xeración dos nativos dixitais forma un mercado crecente por explorar e con cada vez máis influencia. Se os teus produtos van dirixidos aos xoves, é importante que empeces a levar a cabo campañas que os teñan como protagonistas.

Para iso, podes contactar coa nosa axencia de márketing e comunicación para que desenvolva unha estratexia personalizada e eficaz para acadar o teu obxectivo.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles