Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Adeus ao paxariño: Elon Musk cambia o logo de Twitter por unha X

by | Ago 11, 2023 | Blog deseño gráfico, Comunicación, Deseño, Deseño gráfico, Social media | 0 comments

Twitter é unha das redes sociais máis utilizadas. Ao pensar nela, pode que o primeiro que se che veña á cabeza sexa o seu icónico paxaro azul. Sen embargo, Elon Musk decidiu dicirlle adeus e cambiar o logo de Twitter por unha letra X. Neste artigo, contámosche que aconteceu e cales serían as razóns desta transformación na súa identidade.

Para comezar, temos que remontar a finais de xullo, cando Musk anunciou unha serie de cambios que afectarían á rede e a toda a compañía. Entre eles, estarían un cambio de nome e do logotipo. Así, Twitter daría paso a X, eliminando a ave e redeseñando por completo a súa plataforma.

O empresario confirmou que, pouco a pouco, os paxaros ían desaparecendo da rede social, que se transformaría por completo para ir máis acorde coa nova etapa pola que está a pasar. Algo que, a día de hoxe, xa é unha realidade.

Este é un dos maiores cambios que sufriu Twitter en toda a súa historia. Durante as últimas semanas, a rede foise adaptando a este redeseño cambiando a súa identidade e os seus conceptos chave. Os tuits deixaron de chamarse así e pasaron a ser publicacións e o botón de ‘Retweet’ agora é ‘Republicar’.

E iso non é todo. A actual CEO de Twitter, Linda Yaccarino, falou de como isto marca o inicio dunha nova era para a web., que pasará a converterse nunha plataforma para o mercado global de ideas e que irá engadindo novas funcións centradas na mensaxería instantánea, a publicación de vídeos ou a compravenda de bens e servizos.

As razóns da transformación

O que agora pode que esteas a preguntar é, ¿por que decidiron desbotar unha imaxe tan recoñecida e ben establecida no mercado por unha letra? E a resposta é máis sinxela do que semella.

Segundo Elon Musk, a razón principal é que a rede agora pertence a X Corp, filial da súa empresa X Holding Corp e, polo tanto, debe ter un nome acorde. Quizais estás a ver un patrón e, si, ao magnate encántalle esta letra e non é a primeira vez que a emprega nas súas compañías. Podémola ver, por exemplo, en SpaceX ou no Model X de Tesla.

Así pois, semella que o rebranding responde a un desexo de unificar todas as empresas de Musk baixo unha nomenclatura común.

Twitter Blue para empresas: cambios y polémicas

Adeus a un icono

A perda de “Larry”, o nome do paxariño azul de Twitter en honor á estrela da NBA, Larry Bird, deixa á plataforma nunha posición complicada.

Esta ave leva acompañando a Twitter dende os seus comezos e é un dos seus identificadores principais. Desfacerse dunha marca tan icónica e cambiala por algo tan radicalmente distinto, modificando incluso o nome, podería traerlle problemas á compañía.

E é que, se o público está acostumado a asociarte con certas imaxes e as transformas por completo, sen conservar ningún elemento que te asocie con elas, podes correr o risco de que lles resulte máis difícil atoparte.

Rebelión na rede

Moitos usuarios de Twitter amosaron o seu descontento con esta decisión dende o primeiro momento e non querían que o paxaro desaparecera. E menos por unha simple letra.

Pero, parece que todo ten solución e moitos empezaron a compartir tutoriais a través da rede social para cambiar a X e devolver a ave ao seu lugar.

Outros, en cambio, publicaron as súas propias versións para un novo logotipo que implementaban ao paxaro dentro desta noca nomenclatura.

Un futuro incerto

Twitter ou ‘X’ atópase nun momento crucial. Estas transformacións e modificacións ao longo dos meses colocárono nunha posición moi delicada e ninguén sabe que futuro lle espera e que plans ten Musk.

Por agora, terás que seguir atento para ver como evoluciona a situación. Mentres tanto, se queres redeseñar a imaxe corporativa do teu negocio, podes contactar coa nosa axencia. Estudaremos o teu caso para crear un rebranding acorde as túas necesidades e que vaia en liña co futuro da empresa.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles