A Xunta de Galicia e Red.es teñen un conxunto de axudas económicas dirixidas a empresas e persoas autónomas co obxectivo de apoiar e financiar a súa actividade.
Programa Kit Dixital
O Programa Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, apoiada pola Unión Europea, cuxa meta é axudar a pequenos negocios e autónomos a financiar as súas necesidades tecnolóxicas. Os beneficiarios poden investir nas seguintes áreas chave:
- Sitio web e presenza en Internet.
- Comercio electrónico.
- Xestión de clientes.
- Xestión de procesos.
- Xestión de redes sociais.
- Business Intelligence e analítica.
- Servizos e ferramentas de oficina virtual.
- Factura electrónica.
- Comunicacións seguras.
- Ciberseguridade.
- Presenza avanzada en Internet.
- Marketplace.
Para solicitalo, debes rexistrarte na área privada de Acelera pyme, facer o test de diagnóstico dixital e despois pedir a axuda a través da sede electrónica de Red.es.
En VINCUSYS somos axentes dixitalizadores neste programa e ofrecemos todos os servizos que inclúe a convocatoria do Kit Dixital. Se a túa empresa cumpre coas características da subvención, contacta con nós e xestionámoscho todo.
Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal
Están dirixidas a comerciantes retallistas e talleres artesáns e teñen por misión dixitalizar e modernizar os seus respectivos traballos. O prazo de solicitudes vai dende o 3 de febreiro ata o 4 de marzo. Para solicitala, fai clic aquí.
La Xunta abre el plazo de las Subvenciones para la transformación digital del comercio y artesanía
Programa do bono de persoas autónomas
Buscan axudar, consolidar e mellorar a competitividade dos autónomos que superen os tres anos de vida a través dunha subvención do 60 % da súa actividade, cun límite de 7.000 €. O prazo desta axuda vai dende o 29 de xaneiro ao 30 de setembro. Podes solicitar o teu bono facendo clic aquí.
Abierto el plazo de convocatoria para el programa del bono de personas autónomas de 2024
Axudas ao emprendemento en Galicia
Están destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas para facilitar as súas iniciativas de emprendemento e financiar as súas inversións en diferentes materias, como o desenvolvemento de software ou páxinas web. Solicítalas na seguinte ligazón.
La Xunta convoca nuevas ayudas al emprendimiento en Galicia en 2024
Se estás a valorar se investir na liña de dixitalización comercial (e-commerce), no desenvolvemento de software, páxinas web, aplicacións, redes sociais ou deseño de marca, podemos axudarche. Chámanos ao 881 830 362 ou escríbenos a info@vincusys.com.
0 Comments