Noticias

Seguidores
Celebramos o Día das Redes Sociais

Celebramos o Día das Redes Sociais

O 30 de xuño celébrase o Día das Redes Sociais. Este día comezou a festexarse no ano 2010 da man de Peter Cashmore, quen creou unha iniciativa no portal de noticias e tecnoloxía Mashable, do cal é fundador. O obxectivo desta data é recoñecer o labor destes medios de comunicación, que permiten a millóns de persoas estar informadas e conectadas tanto cos seus coma co resto do mundo.

Vantaxes do storytelling para a túa empresa

Vantaxes do storytelling para a túa empresa

Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.

Tres claves para escribir artigos atractivos

Tres claves para escribir artigos atractivos

Internet é, sen dúbida, un dos maiores avances tecnolóxicos en toda a historia da humanidade. Se estás lendo estas liñas significa que a rede forma parte do teu día a día. Como a través de Internet somos capaces de comunicar calquera tipo de información, é preciso coñecer as claves, que ten de diferente a escritura para a rede de redes. Para isto, propóñoche comparar a forma de escribir artigos atractivos para blog con, por exemplo, o modo de facelo na prensa tradicional. Non quero con este artigo entrar no debate de que medio é mellor, senón achegarte tres claves para que os teus artigos sexan cada vez máis atractivos e cheguen a máis lectores.