Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Novas subvencións da Xunta para dixitalizar o sector comercial e artesanal

by | Mai 7, 2021 | Blog recursos, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, Publicidade, Software, Tecnoloxía, VINCUSYS | 0 comments

O pasado 4 de maio, a Xunta de Galicia publicou novas subvencións para a implantación e o impulso da estratexia de dixitalización e modernización do sector comercial e artesanal.

Cales son os requisitos das novas subvencións da Xunta?

Para comezar, é imprescindible que a actividade comercial estea desenvolta en Galicia e que o domicilio social conste dentro da mesma. Pola contra, se a actividade da empresa se leva a cabo en Internet, o domicilio social de esta terá que estar rexistrado na comunidade galega.

En segundo lugar, a compañía debe establecerse como peme e non pode contar con máis de 20 traballadores.

Por último, o establecemento comercial ten que ter unha superficie igual ou inferior a 300 metros cadrados, a excepción do comercio de mobles polo miúdo.

Que accións están incluídas?

Os procesos que abarcan as subvencións da Xunta son os seguintes:

Impulso á transformación dixital

Isto quere dicir que as páxinas web deberán contar con:

  • Protocolo de transferencia de datos https.
  • Un hosting con acceso por parte do propietario da web ao código e as claves.
  • Optimización para SEO.
  • Adaptación aos dispositivos móbiles.
  • Fotografías de calidade profesional.
  • Unha páxina dedicada á política de privacidade e enlaces externos ás redes sociais da empresa.
  • Unha ferramenta de analítica web para analizar o tráfico da páxina.

Para os casos de tendas on line, ademais destes aspectos, terán a obriga de estar sincronizadas co sistema de xestión do establecemento. A tenda on line terá que dispor de, mínimo, o 30 % das referencias da tenda física, así como estará obrigada a dispor dunha pasarela de pago.

subvencion-xunta-de-galicia

Optimización dos procesos comerciais

As empresas terán a oportunidade de incorporar ferramentas de xestión e de sistemas integrados para planificar os seus recursos empresariais comerciais e de software.

Accións de comunicación e publicidade

Será posible realizar accións como unha mellora da imaxe dixital a través de contidos audiovisuais, co obxectivo de promover un produto, ou con carteis dixitais. Ademais, as subvencións tamén cobren tanto a publicidade dixital como os servizos de community manager ou xestión de redes sociais, este último durante un máximo de once meses dentro do período que dure a subvención.

Ademais de estas accións, dentro das subvencións entran outras como a participación en eventos dixitais, a loxística en ecommerce e a adquisición de equipamentos para a actividade comercial e artesanal.

De canto diñeiro estamos falando?

As subvencións cubrirán o 80 % da inversión máxima subvencionable (o IVA queda excluido). As contías máximas son as seguintes:

  1. Implementación de páxinas web con venda on line: 4.000 euros.
  2. Implementación de páxina web: 1.000 euros.
  3. Actualización de páxina web: 800 euros.
  4. Integración de ferramentas de xestión: 3.000 euros.
  5. Mellora da imaxe comercial dixital: 4.000 euros.
  6. Publicidade en medios dixitais: 2.000 euros.
  7. Servizos de community manager: 4.000 euros.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 4 de xuño. Coa crise do Covid-19, o uso de Internet medrou de forma exponencial. Sen dúbida, é o momento perfecto para dixitalizar a túa empresa e comezar a anunciarte on line. Contacta connosco canto antes para poñernos a traballar.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles