Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A pregunta do millón: que é o básico en publicidade para empresas? Pois, sen ánimo de responder á galega, depende. E depende de moitos factores, imos velos e a ver ser así aclaramos un pouco a cuestión.

Preguntas previas ao deseño da estratexia de publicidade

1.- Que tipo de empresa teño?

Startup, autónomo, micropeme, peme… Distintos recursos humanos e económicos, posibilidades moi diferentes.

2.- Cantas persoas poden dedicar parte do seu tempo ou a súa xornada completa a tarefas de publicidade, comunicación e márketing dentro do meu negocio?

Traballo eu? Teño un equipo? Alguén do meu equipo sabe destes temas? Alguén do meu equipo que sabe destes temas pode dedicarse total ou parcialmente á xestión da comunicación e publicidade da miña empresa?

3.- En que situación está a miña empresa?

Estou empezando, levo anos no sector, herdei/collín un traspaso de negocio…

4.- Que obxectivos teño?

Quero dar a coñecer a miña marca, os meus produtos e servizos (branding); xa me coñecen algúns pero preciso que me coñezan máis (reforzar a miña marca); a miña imaxe é mala e teño que mellorala (curación de contidos, xestión de crise…); a miña imaxe é boa pero quero ampliar negocio; quero chegar a persoas dunha área xeográfica máis grande ou distinta…

5.- De que recursos económicos dispoño?

Canto podo dedicar a curto, medio e longo prazo. A publicidade da túa empresa pode consistir en accións cun custe pequeno e continuadas no tempo, outras cun investimento maior, impactos en momentos puntuais que te conveñan por stock, novo produto, etc.

https://www.vincusys.gal/blog/pasos-para-crear-campanas-exitosas-de-publicidade-para-a-tua-empresa/

Publicidade para empresas pequenas

Imos ter en conta unhas cantas premisas:

– Non por gastar máis vas conseguir máis.

– Non se trata de facer mil cousas senón accións escollidas estratexicamente.

– Non hai necesidade de estar en todas as redes sociais, pero si de dinamizar correctamente aquelas nas que tés presenza. 

– Non se trata de bombardear a todo o que se move senón de apuntar a quen pode ser un posible cliente.

publicidad para empresas vincutato agencia de publicidad santiago de compostela

A partir de aquí, se queres autoxestionar a publicidade da túa empresa, o ideal é que dediques unhas horas a formarte en aqueles aspectos nos que coxees máis. En Internet tes información sobre un abano moi amplo de contidos interesantes. Se precisas prepararte sobre uns temas en concreto, pídenos axuda en temas tan variados como autoxestionar o teu blog en WordPress ata telemárketing. Levamos 15 años nisto, algo sabemos! 🙂

https://www.vincusys.gal/blog/8-razons-polas-que-confiar-nunha-axencia-de-marketing/

Se te ves superado ou queres delegar nun equipo profesional, é importante que te sintas a gusto coa axencia de publicidade que contrates. Para iso, recomendámosche unha chamada seguida dunha reunión, que valores se entenden as túas preocupacións, se son o equipo que precisas e se as solucións que che propoñen te convencen. É fundamental ter unha comunicación fluída coa empresa que xestione a publicidade da túa empresa.

Por outro lado, é interesante ter unha visión realista do teu negocio:

– Non todas as empresas precisan/poden ter unha tenda on line.

– Non todas as empresas precisan unha web con moito contido e seccións, moitas veces cunha landing page (unha web cunha soa páxina que ofrece a información esencial), é suficiente.

– Non todas as empresas precisan unha gran inversión.

Dito todo isto, se precisas un cable coa estratexia de márketing, comunicación e publicidade da túa empresa, estamos na rúa dos Basquiños 20, Santiago de Compostela. Axudámosche!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles