Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que é unha landing page de captación e por que é importante

by | Feb 14, 2024 | Blog deseño web, Deseño web, Márketing, Márketing | 0 comments

No mundo do márketing dixital existen diferentes estratexias para conseguir novos clientes. A chamada ‘captación de leads‘, o proceso de captación de clientes potenciais, converteuse na pedra angular para as empresas que queren expandirse. Aquí entrar en xogo as landing pages, as ferramentas de grande utilidade para converter visitantes en clientes potenciais. Por iso, neste artigo imos explicar que é unha landing page e por que é útil.

Imos empezar polo comezo. Un ‘lead‘, aplicado a este caso, é aquel usuario que visita a páxina web dun negocio, facilita os seus datos e autoriza a que se contacte con el, o que permite á empresa transmitir o seu mensaxe e facer un seguimento, co obxectivo de ofrecerlle os seus produtos ou servizos. Este proceso é un paso crucial no embude de ventas. A información que proporciona da a oportunidade perfecta para personalizar estratexias de márketing e adaptalas as súas necesidades específicas.

Todo empeza coa aterraxe

Pero, como se leva a cabo esta captación? Pois a través das landing pages. Como xa te explicamos no noso blog, son páxinas de aterraxe creadas cun propósito concreto ou para conseguir que o usuario leve a cabo unha acción específica. Soen ter un deseño sinxelo e incluír un formulario de contacto no que os usuarios poden deixar os seus datos.

En lugar de atafegar ao visitante con contido diverso, as landings céntranse en presentar de xeito claro e conciso a súa proposta de valor e a acción que esperan entorno a el.

¿Qué es una landing page y por qué es muy útil?

As que teñen como intención conseguir novos clientes son as chamadas ‘landings de captación’. Neste caso, o seu obxectivo é transformar aos usuarios en leads, en clientes potenciais, captar o seu interese cunha oferta e que se convertan en compradores ou que contraten os servizos ofertados.

Os navegantes soen aterrar nelas ao realizar unha busca concreta en navegadores. Por exemplo, se buscas información sobre tarifas de Internet ou de telefonía móbil, atoparás numerosas landings cuxa misión é ofrecer atractivas para que contrates os seus servizos.

É un tipo de venta quente e agresivo, que lanza ao usuario información atractiva para que non o pense dúas veces e contrate un produto ou servizo.

O formulario de contacto é o elemento máis relevante e soe aparecer ao comezo da páxina, acompañado dunha oferta destacada coa que despertar o interese do público nada máis entrar. O resto da landing ten outros datos cos que intenta eliminar as posibles dubides e convencer de todo.

É esencial que estas páxinas carguen rápido, xa que se o proceso dura demasiado haberá moitas posibilidades de que o visitante marche antes de ver nada.

O sector importa

Non todas as landings de captación son iguais. En función do sector, o formulario pedirá unha información ou outra. Seguindo co exemplo das tarifas de telefonía, no seu caso o que quererán de ti é o teu número de teléfono para chamarte e intentar persuadirte en directo.

Por outro lado, no caso da formación, pediranche datos máis concretos, como o título que che interesa o teu lugar de residencia.

Por que son tan importantes?

As landing pages de captación axudan a aumentar a taxa de conversión, o ratio de visitantes que se converten en clientes. E ti, queres vender máis?

Axudámoste a conseguilo! Chámanos ao 881 830 362 ou escríbenos a info@vincusys.com.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles