Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que é unha landing page e por que é moi útil?

by | Set 18, 2023 | Blog deseño web, Comunicación, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, Web | 0 comments

No mundo do márketing dixital e do deseño web, as chamadas ‘landing pages‘ son unha ferramenta crucial para lograr conversións efectivas e acadar o éxito nas túas campañas. Pero, que é unha landing page e por que é importante nas túas estratexias dixitais? Neste post, imos explorar estas preguntas e descubriremos por que son un activo para calquera negocio en liña.

Unha landing page ou páxina de aterraxe é unha páxina que foi crada cunha finalidade concreta. Poder ser, en si mesma, unha web dunha soa sección con toda a información condensada e enfocada a un obxectivo ou pode ser unha sección dentro dunha páxina web. Está enfocada a unha acción específica, como obter a información de contacto do visitante, facer que realice unha compra, que descarguen un recurso, etc.

Por iso, poderíamos dicir que o seu obxectivo final é converter aos usuarios en clientes ou conseguir que usuarios ou clientes realicen unha acción concreta. Entre as súas características principais, temos:

  1. Obxectivo claro: cada landing page ten unha meta concreta e ben definida. Esta claridade é esencial para dirixir aos visitantes cara a meta desexada.
  2. Mensaxe concisa: a información está escrita de xeito directo e claro. Enfócase en comunicar os beneficios e a proposta de calor do que se ofrece.
  3. Deseño atractivo: a súa aparencia soe ser limpa e coidada, cun enfoque especial en destacar a chamada á acción que guía aos usuarios a converterse en clientes.
  4. Formulario ou forma de contacto: soe incluír un formulario de contacto que destaca e fai que sexa máis sinxelo para que as persoas podan comunicarse coa empresa. Tamén pode incluír un teléfono, whatsapp ou algunha outra vía de contacto coa empresa.

Landing page aumenta a conversión

A importancia das landing pages

Agora que xa sabes o que é unha landing page, imos ver por que son tan importantes no panorama do márketing dixital actual.

Xeran conversións efectivas

O propósito principal desta páxina é, como xa mencionamos, converter aos visitantes en clientes reais. Ao centrarse nesta acción específica aumentan drasticamente as posibilidades de transformación en comparación cos sitios de inicio xenérico.

Melloran a segmentación

Outro aspecto crucial das landing pages é que permiten a segmentación precisa da túa audiencia. Podes crear varias, cada unha deseñada para un grupo demográfico ou con intereses particulares. Ao dirixirnos a ofertas específicas e relevantes, aumentas a probabilidade de que executen a acción desexada.

Facilitan o seguimento e medición

Dado que este tipo de seccións teñen un obxectivo claro e específico, son ideais para o seguimento e a medición de resultados. Podes rastrexar facilmente cantos usuarios fixeron o que propuxeches e comprobar a súa efectividade.

Mellora a experiencia

Estas páxinas están deseñadas para proporcionar aos visitantes unha experiencia enfocada e valiosa, eliminando as distraccións e centrándose no contido como tal. Desta forma, vas mellorar a satisfacción do usuario.

Landing page, importancia en márketing

Aumentan a relevancia dos teus anuncios e campañas

Cando executas campañas de publicidade pagadas en plataformas como Google Ads, a coherencia entre o anuncio e a páxina de destino é fundamental. Utilizar landing pages específicas que coincidan aumenta a súa pertinencia, o que a súa vez mellora as túas puntuacións de calidade.

Facilitan a promoción de ofertas temporais

Se pensas en facer algún desconto ou oferta temporal, estas páxinas son ideais para promovelas. Podes crear unha landing page específica para estas promocións e dirixir o tráfico a elas mentres estean activas.

Reducen as distraccións

Antes xa mencionamos como as landing pages eliminan distraccións innecesarias. A diferenza das páxinas de inicio ou de produto, que as veces conteñen unha gran cantidade de información, estas céntranse en persuadir ao usuario para que realice unha acción concreta. Desta forma, as posibilidades de que o visitante desvíe a súa atención ou se sinta atafegado son case nulas.

Como crear unha boa landing page?

Coñecer a importancia das landing pages non é suficiente para deseñar unha que cumpra cos teus desexos. Para ter éxito, debes ter en conta unha serie de criterios á hora de crealas.

  • Ofrece aos usuarios algo que poda axudarlles a satisfacer as súas necesidades, en liña coa metodoloxía do Inbound Márketing.
  • Usa formularios curtos, cos datos xustos. A ninguén gústalle dar moita información persoal ás empresas e pode xerar desconfianza.
  • Diríxete directamente ao teu público obxectivo.
  • Abre camiño ao resto das túas canles de márketing para que os visitantes podan acceder.

La importancia de tener una página web en la era digital

Como ves, unha landing page é unha ferramenta moi útil nos tempos que corren. Con ela, podes aumentar o teu índice de conversións, mellorar a segmentación, facilitar o seguimento e mellorar a experiencia de usuario na túa web.

Se aínda non incorporaches estas páxinas a túa estratexia on line, non te preocupes! Podes contactar coa nosa axencia de márketing para axudarte a deseñar a landing máis efectiva segundo as túas necesidades.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles