A entidade pública Red.es acaba de abrir o segundo segmento de axudas dentro do programa Kit Dixital.
Esta convocatoria, que conta cun orzamento inicial de 500 millóns de euros, está destinada á dixitalización de empresas de entre 3 e 9 empregados.
Os beneficiarios destas subvencións poden optar a unha contía de ata 6.000 euros para mellorar a competitividade e o nivel de madurez dixital do seu negocio nestas áreas clave:
- Sitio web e presenza en Internet.
- Comercio electrónico.
- Xestión de clientes.
- Xestión de procesos.
- Xestión de redes sociais.
- Business Intelligence e analítica.
- Servizos e ferramentas de oficina virtual.
- Factura electrónica.
- Comunicacións seguras.
- Ciberseguridade.
Como novidade, esta segunda convocatoria engade dúas novas categorías:
- Presenza avanzada en Internet.
- Marketplace.
O texto da convocatoria detalla os requisitos para solicitar as axudas, as obrigacións que contraen os beneficiarios, os importes máximos por categoría de solucións de dixitalización, a xustificación ou o pago, entre outras cuestións.
Ampliación de prazo
Doutra banda, o Goberno ampliou ata marzo de 2023 o prazo para solicitar as axudas correspondentes á primeira convocatoria do Kit Dixital.
Esta iniciativa supón ampliar ata seis meses o período previsto para o segmento dirixido a empresas de entre 10 e 49 traballadores.
A ampliación de prazo beneficiará tanto a aquelas empresas que teñan interese en apuntarse como a outras que aínda necesitan tempo para solucionar algunha deficiencia no proceso.
Se queres coñecer os pasos para optar a estas axudas, só tes que facer clic na seguinte ligazón.
Lembra que en VINCUSYS somos Axentes Dixitalizadores neste programa e ofrecemos todos os servizos que inclúe a convocatoria.
Deste xeito, a dixitalización do teu negocio pode saírche gratis se recorres a VINCUSYS, a túa axencia de márketing en Santiago de Compostela. Se a túa empresa cumpre coas características para pedir esta subvención e interésache algunha destas solucións, contacta con nós e xestionámoscho todo.
0 Comments