Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Un novo estudo revela as 8 oportunidades para as marcas este 2023

by | Feb 6, 2023 | Blog publicidade, Márketing, Publicidade | 0 comments

Dentsu España publicou o seu informe 8 oportunidades para as marcas. Trends 2023, no que revelan as principais tendencias en publicidade que deben ter en conta as marcas e profesionais do marketing este ano.

O estudo revelou como “a presión económica acelerará o cambio de comportamento de persoas, medios e marcas” e que hai que aproveitar as variacións de comportamento nos consumidores para crecer.

O informe dividiu estas tendencias da industria publicitaria en tres categorías: contido, commerce e comunidade.

Contido

AVOD cómese ao SVOD

O auxe das plataformas de vídeo baixo demanda cambiou o panorama audiovisual e trouxo novos modelos de publicidade cun grande abanico de posibilidades.

Aí é onde entran as chamadas plataformas AVOD (‘Ad-supported Video-On-Demand’), con contidos gratuítos que están financiados con publicidade. O estudo afirma que as marcas poden explorar esta opción en busca de novas oportunidades.

Ademais, a comercialización deixará atrás o tradicional e evolucionará cara o emprazamento de produto e o contido pagado con anuncios.

Xogos en todas partes

O ‘gaming‘ é cada vez máis popular e adaptou diferentes formas nos últimos anos, saíndo das pantallas tradicionais. Os videoxogos están cada vez máis xeneralizados entre o público, polo que hai que entender que os xogos son contidos e aproveitar o seu potencial.

A atención trae de volta a esencia da publicidade

Cada vez hai máis interese por medir a atención real que prestamos á publicidade. Polo tanto, débense utilizar métricas de atención comparables para avaliar os distintos medios e plataformas. Tamén, saber como encontrar as chamadas xoias ocultas, formatos que son máis descoñecidos, pero poden incrementar a eficacia.

Commerce

De ‘ir de compras’ a ‘sempre comprando’

Debido as aplicacións e a Internet, os consumidores están nun estado de compra constante, inspíranse e pasan a transacción de forma espontánea e rápida. Por iso, hai que entender que plataformas funcionan mellor, construír tendas nativas e desenvolver estratexias de impulso de compras.

De ir de compras, a siempre comprando.

O retail media revoluciona o mercado publicitario

O ‘retail media‘ é unha nova tendencia coa que os ‘retailers’ (comerciantes polo miúdo) poden monetizar as súas tendas on line incluíndo anuncios nelas.

Tras o declive das cookies de terceiros, esta opción é unha solución coa que clientes e anunciantes saen gañando. Algúns dos grandes do sector, como Carrefour ou Amazon, estanse a converter en plataformas de publicidade para o resto de marcas.

Polo tanto, entre as implicacións desta tendencia está que hai que probar diferentes tipos de ‘retail media’ para saber cal funciona mellor ou explorar se se teñen as capacidades de ser un provedor de espazos para anuncios.

O auxe das superplataformas

As aplicacións e os servizos dixitais están evolucionando cada vez máis para converterse en plataformas todo en un, que consolidáronse en Asia grazas a apps como WeChat, unha rede que inclúe contido social, comercial e financeiro.

Para aproveitar este cambio, é preciso establecer estratexias que poñan aos usuarios no centro do negocio (Inbound Marketing), desenvolver alianzas para enriquecer o ecosistema de marca e fidelizar ao consumidor.

Se queres coñecer as últimas tendencias no ámbito da fidelización, podes ler o noso artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/un-estudo-revela-as-claves-para-a-fidelizacion-dos-clientes/

Comunidade

Experiencias en vivo para conectar máis

Algunhas marcas están investindo en eventos en directo para crear unha conexión coa comunidade, sabendo o grande impacto que teñen este tipo de experiencias no público. Por iso, hai que desenvolver estratexias para xera sensación de escaseza e transformar o punto de venta nun de vivencias en directo.

A responsabilidade social toma protagonismo

O estudo de dentsu afirma que os consumidores elixen marcas que lles axuden a ter estilos de vida máis sostibles e que se toman en serio estes problemas.

As marcas deben ter estes aspectos moi en conta e amplificar as súas accións medioambientais, apostar por plataformas que demostren compromiso e entender os sentimentos do público a través da escoita social.

Sempre cambiando

Este informe lanzou luz sobre a situación actual do mercado e deixou información moi interesante, que tanto marcas como profesionais do marketing poden aproveitar para que as súas accións e campañas teñan máis éxito.

Por iso, é importante estar sempre ao corrente das últimas tendencias para asegurar que un non queda atrás. Unha forma de garantir que así sexa, é traballar cunha axencia de marketing para que leve a marca ao seguinte nivel.

https://www.vincusys.gal/blog/8-razons-polas-que-confiar-nunha-axencia-de-marketing/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles