Dende que naceu a nosa axencia, sempre tivemos un firme compromiso coa cultura e o ocio locais, por iso creamos, a modo de patrocinio, a nova web de Feito a Man, que se celebra anualmente en Santiago de Compostela.
Feito a Man é un festival na rúa que naceu no ano 2003, organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella. Un dos seus obxectivos principais é dar a coñecer aos artistas e ás persoas creativas da cidade e difundir o potencial da zona. Ademais, busca a dinamización cultural da capital galega.
O evento terá lugar do 3 ao 24 de agosto en distintas rúas e prazas de Santiago de Compostela. Así, acolle actividades artísticas de xéneros diferentes, como música, cabaré, instalacións, teatro… En definitiva, un festival onde a diversidade é a protagonista.
En VINCUSYS colaboramos con Feito a Man, creando a súa nova páxina web. Así, démoslle un deseño colorido e animado, a xogo co seu cartel deste ano.
Tamén traballamos en mellorar a súa navegación, de xeito que o usuario non teña ningún problema en atopar a información que necesita, como as dos participantes ou horarios.
En canto a súa organización, consta de cinco apartados: A.C. Cidade Vella, Feito a Man, FM23, Galería e Contacto.
En A.C. Cidade Vella atópanse os datos sobre a Asociación, contando quen son e os establecementos que a conforman.
Feito a Man, como indica o seu nome, fala en profundidade sobre o festival e os seus obxectivos. FAM23, polo seu lado, inclúe a programación da edición deste ano, os artistas que participan e os espazos nos que se celebra.
A Galería inclúe un conxunto de fotos dos festivais pasados e Contacto reúne todos os datos necesarios para contactar coa organización de Feito a Man.
Dende VINCUSYS estamos moi emocionados por poder colaborar cun evento cultural tan diverso, cheo de actividades e que queira pór en valor Santiago de Compostela. Agardamos que poidades gozar deste gran festival durante o mes de agosto.
0 Comments