A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou as bases das axudas do Programa do bono das persoas autónomas na Comunidade Autónoma de Galicia en 2023.
Esta axuda ten como obxectivo mellorar a competitividade entre autónomos con domicilio fiscal en Galicia, ofrecendo unha subvención do 80 % da súa actividade empresarial, cun límite total de 3.000 euros.
O programa pretende asistir coas seguintes inversións:
- Compra de maquinaria.
- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
- Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais.
- Compra de utensilios e ferramentas.
- Reforma do local do negocio.
- Equipamento informático.
- Equipamento de oficina e/ou negocio.
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
- Deseño de marca.
Podes consultar o texto da convocatoria, que detalla os requisitos necesarios para acceder a esta axuda, na seguinte ligazón.
O prazo para presentar solicitudes comezou o 25 de xaneiro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e ficará aberto ata o 29 de setembro.
0 Comments