Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A importancia do deseño gráfico nas redes sociais

by | Mar 1, 2023 | Blog deseño gráfico, Deseño, Deseño gráfico, Marca persoal, Márketing, Social media | 0 comments

Internet é unha ferramenta indispensable para dar visibilidade aos nosos negocios. Por iso, debemos ter clara a importancia do deseño gráfico nas redes sociais e saber como crear as mellores publicacións.

Hoxe en día todo o mundo está presente na rede, tanto usuarios como marcas, o que causa que xerar estratexias de márketing en páxinas como Instagram ou Facebook sexa practicamente obrigatorio. Non só pola xigantesca competencia que hai presente, tamén porque o nivel de atención da xente é cada vez menor.

Debemos chamar o súa atención da mellor forma posible para que nos fagan caso fronte ao resto de empresas. Por iso, hai que aplicar un bo deseño gráfico as nosas publicacións para asegurar que destacamos por enriba do resto.

Pero é máis sinxelo dicilo que facelo. Á hora de realizar creatividades para redes sociais, convén que sigamos unha serie de regras e consellos para garantir que o noso traballo será efectivo e non causará o impacto contrario ao que buscamos.

Composición equilibrada

Un dos primeiros retos aos que nos imos enfrontar é o de como organizar os elementos da publicación ao longo do deseño. É preciso que sigamos unhas normas de composición e que non nolas saltemos. Por exemplo, non hai que sobrecargar a creatividade con moitos elementos, debemos mantelo limpo e coa información pertinente.

 

O peso de cada obxecto e o equilibrio que haxa entre cada un deles é importante para non dar unha sensación visual desagradable. Tamén hai que ter en conta os espazados entre os compoñentes e respectar as distancias, non ter separacións máis grandes por unha marxe que por outra e pareza todo un caos.

Ademais, a fotografía ou fotografías que empreguemos deben seguir un mínimo estándar de calidade. Por iso, debemos saber como sacar boas imaxes e asegurarnos de que teñan un nivel de luz correcto, que estean enfocadas e o encadre sexa bo. E cabe destacar que resulta imprescindible saber como utilizar programas de edición, como Adobe Photoshop ou InDesign, para crear deseños profesionais.

Tipografías

Non podemos volvernos tolos coas tipografías. Hai que recordar sempre que, como moito, debemos manexar un par de tipos de letra diferentes que manteñan certa harmonía entre si.  Así mesmo, temos que asegurar que sempre usemos as mesmas fontes nas publicacións para que haxa cohesión entre os deseños, que deberán ser ás do manual de marca e acordes coa imaxe corporativa da empresa.

Bo uso da cor

A psicoloxía da cor é clave. Cada unha das cores xera emocións diferentes nas persoas. Por exemplo, o vermello reflicte paixón e forza, mentres que o amarelo está relacionado con sentimentos como a felicidade e a alegría.

Elixir as cores que mellor se adecúan a nosa mensaxe é una tarefa importante que non debemos descoidar.

Se queres saber mais sobre o concepto de psicoloxía na cor, podes ler o noso artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/como-empregar-a-psicoloxia-da-cor-en-marketing/

Respectando a identidade

Cada marca ten unha identidade visual propia, dende un logotipo ata cores propias que debemos respectar cando gafamos os nosos deseños. Se a cor principal da empresa é, por exemplo, a laranxa, precisamos utilizalo sempre que podamos.

Naqueles casos nos que sexa imposible aplicar as tonalidades da nosa imaxe corporativa, teremos que empregar cores que teñan coherencia coa foto que poñeremos nas redes.

Un bo copy vale mais que mil palabras

Os textos que acompañan aos nosos deseños tamén son relevantes. Estes deben ser claros e directos, gardar relación co que transmitimos na fotografía e, sobre todo, captar o interese dos usuarios.

Iso si, non poden ser moi longos ou perderemos a atención da xente, pero tampouco excesivamente curtos e que non digan nada. E evidentemente, deben estar ben escritos e non conter faltas de ortografía.

As datas sempre á vista

É fundamental que anotemos nun calendario tódolos eventos e festividades que haxa, porque no mundo das redes hai que estar pendentes de todas as oportunidades que teñamos para publicar contido. Datas como San Valentín, o Magosto ou Nadal son bastante obvias, pero tamén debemos saber outras mais concretas que teñan que ver co noso ámbito.

Para este tipo de cousas, podemos empregar programas de xestión de redes, como Hootsuite ou POSTOPLAN.

 

Adaptarse ás circunstancias

Non é o mesmo deseñar para unha rede que para outra. Sitios como Instagram, Facebook ou LinkedIn teñen cada un as súas propias proporcións para imaxe, algo que resulta imprescindible coñecer. Incluso dentro delas, podemos atopar diferentes formatos, como en Instagram, onde temos un tamaño para as historias e outro para as publicacións normais.

Por iso, precisamos adaptar os deseños a medidas distintas, de maneira que as nosas creatividades se axusten correctamente e non queden cortadas.

Acude a profesionais

O deseño gráfico en redes sociais non é tarefa sinxela. Hai moitos factores en xogo e diversos conceptos que debemos ter en conta constantemente. Incluso coñecendo estes consellos, podemos non ter nin idea de por onde comezar.

Por iso, se precisas axuda no deseño e na xestión das túas redes sociais, contacta con VINCUSYS e o noso grande equipo de profesionais encargarase de prestar o mellor servizo e darlle vida aos teus perfís on line.

 

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles