Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Como teñen que ser as fichas de produto para e-commerce?

by | Xan 12, 2021 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Axencia de publicidade, Blog deseño web, Márketing, Tenda on line | 0 comments

As fichas de produto para e-commerce ben pensadas e executadas poden facilitar en gran medida a venda. Concretamente, é importante tratalas con especial atención tomando como referencia a relevancia que ten a información alí exposta para o cliente que vai realizar a compra on line.

A continuación, algunhas recomendacións a ter en conta para crear fichas de produto atractivas e adecuadas para vender on line:

Analizar o perfil do comprador

O primeiro que debes ter en conta é trazar un perfil dos usuarios que entran, ou van entrar, na tenda para comprar. Coñecer cal é a fonte de acceso á páxina e o seu perfil socio-demográfico axuda a orientar a tenda de forma máis adecuada ao noso público obxectivo. Moitos parámetros poden obterse das ferramentas de analítica web vendo que perfil de usuarios entra na web e que perfil teñen aqueles que realizan compras on line.

Poñer en valor as calidades e vantaxes do produto

Comeza a descrición do produto cunha proposición de venda, é dicir, amosa o beneficio que obterá o comprador, que utilidade conseguirá satisfacer o usuario tras adquirir o produto. Intenta que a proposta de venda sexa única e diferente da competencia.

Continúa describindo as características principais do produto como os seus materiais, composición, marca, etc. Se o produto ten moitas características técnicas, agrúpaas en táboas ou pestanas para ofrecer a información ordenada e categorizada.

Finalmente, informar nas fichas do produto para e-commerce sobre os seus diferentes usos e beneficios pode disuadir ao usuario de engadir o produto ao carro da compra.

Nunca na descrición empregues a facilitada polo provedor, normalmente proveñen de bases de datos, pero haberá moitas máis tendas ofrecendo o mesmo coa mesma descrición e o mesmo texto, o que provocará que a túa web teña contido duplicado, prexudicial para o SEO.

https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/

Empregar a linguaxe adecuada

Adapta o ton da linguaxe ao público obxectivo da túa tenda on line, define se queres unha linguaxe próxima ou afastada, se vas tratar á túa audiencia de ti ou de vostede, etc.

A chamada á acción

Emprega unha chamada á acción clara e que destaque sobre o resto do contido da ficha. Podes optimizar a chamada á acción probando diferentes propostas a través dun test A/B para ver cal é máis eficaz na consecución de conversións.

Comentarios dos clientes

Os comentarios dos clientes nas fichas de produto poden axudar a pechar vendas doutros clientes potenciais ao achegar valor á información do produto.

Ademais, os comentarios dos clientes fan que a ficha do produto dispoña de máis contido e sexa máis dinámica de xeito que pode axudar a mellorar a posición orgánica do produto e, polo tanto, conseguir máis visitas e vendas.

https://www.vincusys.gal/blog/mentiras-sobre-e-commerce-teno-unha-tenda-on-line-por-que-non-consigo-vender/

Tendas en varios idiomas

Se a túa tenda está dispoñible en varios idiomas, realiza traducións profesionais, non empregues tradutores automáticos coma o de Google xa que darán unha mala imaxe do teu negocio e dificilmente conseguirás pechar vendas naqueles países aos que pretendías orientarte. Emprega ferramentas de analítica web para ver de que países son os usuarios que máis te visitan e que máis compran e adáptate a este público.

Fotografías de alta calidade

Emprega fotografías de calidade, moitas tendas on line aínda non coidan este aspecto crucial. É necesario que sexan fotografías nítidas e que permitan ampliar con zoom detalles do produto para que axuden a inclinar a balanza á hora de afrontar a decisión de compra por parte do usuario. É posible que precises contratar a un profesional para realizar esta tarefa.

Vídeos explicativos

Se é posible, un elemento que achega moito valor engadido é engadir vídeos ás fichas de produto con contido audiovisual que achegue valor ao usuario, como explicacións do seu uso ou os beneficios do produto. Os vídeos, ademais, poden axudar a gañar posición en buscadores ou, no caso de estar en redes como Youtube, a conseguir usuarios dende esta propia rede de vídeos.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-debes-ter-unha-estratexia-de-video-marketing/

Envíos de pedidos e devolucións

Para axudar a pechar as vendas é preciso incluír na ficha de produto información sobre o prazo de envío e entrega do produto. Ademais, é importante enlazar as condicións dos pedidos e as devolucións para permitir obter toda a información ao cliente.

Se necesitas axuda coa túa tenda on line podemos axudarte cos nosos servizos de consultora tecnolóxica, ponte en contacto connosco e comecemos a traballar xuntos para lograr os teus obxectivos.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles