Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Estratexias de márketing para o Black Friday

by | Nov 25, 2021 | Axencia de márketing, Comunicación, Márketing, Publicidade, Sen categoría, Vendas | 0 comments

Os descontos en produtos son un claro beneficio para o comprador, pero tamén para a empresa. Etapas de rebaixas coma o Black Friday serven ó teu negocio para que novos clientes aposten por el. Por isto, un debe preparar ben todo o necesario para sacarlle o máximo proveito a este día. Neste artigo axudámosche con algunhas estratexias de márketing para o Black Friday deste 2021.

Finais de novembro xa é unha data marcada por case todo o mundo. Este evento comezou en Estados Unidos para impulsar as compras despois de Acción de Grazas, mais hoxe en día xa existe en moitos países, entre eles España.

Aquí as empresas aproveitaron o Black Friday para impulsar as vendas antes do Nadal. Agora, son moitas as persoas que explotan estes descontos para os regalos destas datas. De feito, segundo o último estudo de idealo.es, o 46 % dos españois fará as súas compras do Nadal durante este Venres Negro.

Tendo en conta que o modo de actuar dos clientes muda, a túa empresa tamén debe actualizar as súas estratexias a cada tempo. Este 2021 debes ter en conta feitos como o continuo aumento do e-commerce e a idea de que a xente espera cada vez este día antes.

Venda on line

A compra en tendas físicas é cada vez menor, especialmente dende o inicio da pandemia polo Covid-19. Aínda que a situación estea mellor, o e-commerce é algo que chegou para quedar e máis en días de rebaixas. A comodidade da compra on line é a preferida por moitas persoas, polo que debes poñer o foco nela.

É esencial que coides a túa páxina web: que sexa sinxela de entender, que teña un método de pago fácil e que a velocidade de carga do portal sexa rápida. É moi importante que a experiencia do usuario na túa tenda on line sexa boa, especialmente nestas datas.

A túa clientela leal é a máis importante, debes darlle razóns para seguir confiando no teu negocio de maneira constante.

Ademais, o Black Friday cada vez se estende máis ata xuntarse co Cyber Monday. Apenas diferenciamos estes dous eventos agora que o e-commerce é tan habitual, polo que podes xuntar ambas ofertas.

https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/

Crea expectación

Como o Venres Negro é un día que os compradores esperan, teslles que facer saber que vas realizar ofertas para ese día. É interesante crear expectación ós teus clientes a través dunha conta atrás en redes, avisos na web ou incluso algún cartel informativo na túa tenda física.

Este tipo de advertencias deben estar enfocadas ó evento concreto do Black Friday. Isto é moi sinxelo por ser algo tan coñecido. Se pos os anuncios en negro é probable que os teus clientes xa saiban que é algo referido a este día e atenderán á información.

Ligado a isto, tamén podes empezar as túas rebaixas antes do famoso último venres de novembro. Isto é algo que fan cada vez máis tendas xa que os compradores esperan con ansia a chegada das ofertas. Se o teu negocio aposte por esta idea, pode ser que os clientes vaian antes polo teu negocio por ser o primeiro en facer promocións.

Estratexia multicanle

As redes sociais son un activo moi importante nos negocios. Segundo o Estudo de redes sociais 2021, elaborado por IAB Spain, o 45 % dos españois recoñece que as plataformas inflúen á hora de facer unha compra.

Por isto, tes que coidar a túa presenza en Internet e adaptar a túa estratexia segundo a rede que empregues. Non é o mesmo Twitter que Tik Tok. Debes ser consciente do tipo de público que te segue en cada plataforma e adaptar a mensaxe.

Para este 2021 apostar polo vídeo é un acerto case seguro. Este é o formato que máis se consume no momento, así que intenta centrarte en redes coma Tik Tok ou Instagram que permiten xogar con el.

Ademais, como comentamos no apartado anterior, estas estratexias teñen que estar relacionadas co evento concreto do Black Friday. Hai que facer unha diferenciación con outras rebaixas destacadas para mostralo coma un día importante.

https://www.vincusys.gal/blog/que-pasa-coas-redes-sociais-no-pequeno-comercio/

Vantaxes para os teus clientes máis fieis

A túa clientela leal é a máis importante. Debes darlle razóns para seguir confiando no teu negocio de maneira constante. Por iso, ter unha estratexia concreta para compradores habituais pode ser moi rendible.

Como facer isto? A forma máis sinxela é a través do email márketing ou de SMS. Se o teu cliente é fiel debes intentar telo nunha base de datos co seu contacto para poder comunicarte con el con certa asiduidade. Todo isto atendendo sempre ó respecto da normativa de Protección de datos. Unha boa maneira é mediante unha newsletter que chegue ó correo do teu comprador coa mensaxe que queiras ofrecer. Por exemplo, no caso do Black Friday, podes darlle un código de desconto on line antes de que as rebaixas estean publicadas na web.

https://www.vincusys.gal/blog/que-necesita-o-teu-negocio-para-unha-correcta-adaptacion-en-materia-de-proteccion-de-datos/

A isto hai que engadir que ferramentas coma as newsletters permítenche segmentar o teu público segundo intereses, idades… de modo que a mensaxe que envíes resulte máis atractiva para o teu cliente.

Estrategias de marketing Black Friday ordenador

Que oferta ofrecer segundo o teu obxecto de venda

No caso de que a túa empresa venda produtos coma roupa ou libros, o tipo de promocións que podes ofrecer son moi variadas. O Black Friday é un bo momento para vender packs de artigos nos que o prezo sexa máis barato que compralos por separado. Tamén é interesante realizar ofertas segundo o que compre o cliente: 20% se gastas un mínimo de 50 euros e 40% se gastas un mínimo de 100 euros, por exemplo.

Se vendes servizos, podes apostar por ofrecelos moito máis baratos do habitual como proba durante un período breve de tempo. Outra opción sería a de proporcionar varias sesións do teu servizo tamén nunha especie de pack ou ofertas para grupos de persoas, de modo que saia máis barato.

Ter unha estratexia de márketing para o Black Friday pode ser moi beneficioso para a túa empresa. Se tes claro que vas facer algunha promoción, ten en conta estes puntos concretos para diferenciarte.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles