Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Por que deberías usar PrestaShop para a túa tenda on line

by | Mar 22, 2023 | Blog deseño web, Deseño web, Márketing, SEO, Software, Tecnoloxía, Tenda on line, Vendas | 0 comments

Nos últimos anos, o comercio en liña creceu enormemente, en parte, debido á pandemia. Se tes unha marca ou unha tenda multimarca, pode que queiras abrir a túa propia tenda en Internet e aproveitar ese fluxo de clientes. Por iso, neste post imos contar que é e por que deberías usar PrestaShop.

Comecemos polo principio. PrestaShop é un CMS baseado en software libre para crear e administrar e-commerce. A súa principal función é ofrecer os recursos necesarios para construír unha tenda en liña robusta que permita crecer a pequenos e medianos negocios. 

É un entorno lixeiramente similar a WordPress e ten dispoñible un grande catálogo de elementos esenciais, como carro da compra, seccións, lista de produtos ou sistemas de pago, todo o necesario para comerciar na rede. En definitiva, permíteche controlar tódolos aspectos de forma relativamente sinxela.

Recomendamos o noso artigo sobre fichas de produto para e-commerce para saber máis do tema:

https://www.vincusys.gal/blog/como-tenen-que-ser-as-fichas-de-produto-para-e-commerce/

Vantaxes

Agora que coñeces que é, imos contar as vantaxes que ten PrestaShop fronte a opcións similares e que a converteron nunha das máis populares do mercado.

Intuitiva para o comprador

Fronte a plataformas semellantes, PrestaShop permite un proceso de compra intuitivo, está estruturada de maneira que os usuarios poidan comprender de forma sinxela como funciona. Ademais, é fácil acceder á información de xestión como, por exemplo, as métricas de venta.

Compatible con pasarelas de pago

PrestaShop acepta a maioría de pasarelas de pago do mercado, o que fai que sexa moi práctica ao dispoñer de tantas opcións para que os teus clientes poidan elixir o método que mellor lles conveña.

Personalización

Este software permite personalizar a aparencia da túa tenda, cun grande abano de opcións para diferenciala da competencia. Iso si, require de coñecementos de deseño se queres que destaque.

Software libre

Ao estar baseada en código libre, aforras o pago de custosas licencias que adoitan derivar en gastos constantes.

Chica comprando en Internet muy feliz.

Control total

PrestaShop, grazas ao seu backoffice, permite un control completo na xestión da seguridade, países, traducións, referencias e estatísticas do negocio.

Ademais, como xa mencionamos, deixa organizar tódolos teus produtos en diferentes categorías e subcategorías para que o teu catálogo quede ordenado como máis che guste, sen ningún tipo de límite. Incluso podes empregar etiquetas para facilitar as buscas por filtros.

Optimizada en buscadores

Unha parte esencial do comercio en Internet é a de asegurar que a túa tenda sexa visible nos motores de busca para que te poidan atopar.

Por iso, tódolos e-commerce creados con PrestaShop permiten realizar optimizacións en buscadores, ademais das que podemos poñer en funcionamento para ti, o que garante que cumpras sempre os requisitos de posicionamento de Google.

Bo sistema de descontos

A plataforma admite a posibilidade de incluír descontos nos produtos do teu comercio, tanto de forma individual, como programada ou empregando cupóns ou códigos de desconto. Esta é unha ferramenta moi útil para atraer potenciais clientes a fidelizalos.

Pensada para o márketing

O software desenvolveuse pensando en como axudar a mellorar o teu propio márketing, e pon ao teu servizo diferentes configuracións e ferramentas para iso.

Por exemplo, inclúe ligazóns amigables para o SEO, permite integrar Google Analytics e da a opción de ver informes da tenda con estatísticas dos teus produtos e clientes. Desta maneira, podes levar un mellor control do teu comercio para saber como actuar no futuro.

¿Non sabes se é o momento adecuado para abrir unha tenda on line? Entra nesta ligazón e descubre máis información.

Empeza a túa aventura coa mellor compañía

Como podes ver, se tes un comercio e queres comezar a vender a través de Internet, PrestaShop pode ser unha boa opción, tanto por estar baseada en código aberto como polas facilidades que ofrece.

Pero, para aproveitar o máximo potencial dun software desta categoría e estar por riba da competencia, o mellor é que confíes nun equipo de profesionais como os da nosa axencia para que desenvolvan a túa web e poidan levala ao máis alto.

Se queres ver algún exemplo do noso traballo, podes visitar este artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/equaby-estrena-imaxe-de-marca-e-tenda-online/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles