Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Estou seguro de que todos consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como YouTube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.

Que é o vídeo márketing?

O vídeo márketing é unha tendencia cada vez máis utilizada no mundo do márketing dixital que consiste no uso do vídeo para facer promoción dun produto ou servizo. O fin é conseguir os obxectivos que nos marcamos na nosa estratexia de márketing. Este punto é importante, xa que realizar un vídeo illado non serve de nada. Debemos ter unha estratexia coherente cos nosos obxectivos. Estes poden ser conseguir máis vendas, facer branding, unha mellor posición en buscadores, etc.

Por que vídeo márketing?

Como comentamos antes, consumimos moito vídeo. Un exemplo é que 4 de cada 10 usuarios consumen menos televisión tradicional en detrimento do vídeo on line. De feito, os vídeos representan máis do 50 % do tráfico nos dispositivos móbiles. Por se non era suficiente, outro dato fundamental é que consumimos 22.000 horas de vídeo cada día nas distintas plataformas (Facebook, YouTube e Instagram).

O usuario medio de Internet consume de media 16 minutos 50 segundos semanais de vídeo en canles on line.

Pero, que pode conseguir a miña empresa co vídeo márketing?

1.- Transmites máis en menos tempo: 1 minuto de vídeo corresponde a 2 millóns de palabras, que é moito máis ca un par de entradas no blog.

2.- Maior capacidade de recordo: os seres humanos lembramos un 10 % do que lemos e un 30 % do que vemos.

3.- Aumentamos a nosa notoriedade de marca (branding): o vídeo aumenta un 70 % o recordo de marca.

4.- Maior conexión co teu público obxectivo: os vídeos humanizan a marca e expresan emocións que impactan no usuario. É unha boa ferramenta para xerar engagement.

5.- Mellora a posición en buscadores: Google premia o vídeo máis ca outros formatos e máis se está en YouTube (propiedade de Google).

6.- Contidos máis atractivos: os usuarios atopan máis atractivos os vídeos que outros tipos de contidos.

7.- Xera máis tráfico: a consecuencia de xerar este tipo de contido atractivo é atraer a un maior número de usuarios á túa web. O tráfico orgánico vese moi beneficiado.

8.- Maior alcance: compártense moito máis os vídeos que as imaxes e os textos. Estes contidos poden chegar a viralizarse.

9.- Maior conversión: está demostrado que tanto landing pages como e-mails converten máis se teñen incrustado un vídeo.

Consellos para a túa estratexia de vídeo márketing

Tendo claro que necesitamos unha estratexia de vídeo márketing, elaboraremos un plan: unha acción illada non nos levará aos resultados desexados.

O noso primeiro paso será definir os obxectivos a conseguir. Podemos distinguir entre conseguir notoriedade de marca, lealdade á mesma ou vendas principalmente. Aclarar cales serán os obxectivos permitiranos evitar malos entendidos e que todas as partes implicadas remen na mesma dirección.

A seguinte tarefa será definir cal é o noso target. Para sabelo podemos preguntarnos quen precisa os nosos servizos ou quen quere comprar os nosos produtos. É interesante extraer un perfil dos nosos clientes actuais e coñecer o seu comportamento nas redes.

Por que tener estrategia de video marketing

A partir de aquí, como en toda estratexia de márketing, debemos crear o contido afín ao noso target, ter un calendario de publicacións, facer difusión, medir os resultados e analizar. Ter claro este proceso axudaranos a alcanzar os obxectivos que previamente nos marcamos.

Como puidemos comprobar, o vídeo on line é unha ferramenta cada vez máis interesante para as empresas porque se aos nosos clientes lles encanta o vídeo haberá que darllo. Podes pedirnos información no contacto ou na oficina da nosa axencia de márketing e comunicación en Santiago de Compostela.

Fotos: 350543Startupstockphotos.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles