Na nosa axencia temos un firme compromiso coa cultura e o ocio da nosa localidade. Por iso, este ano colaboramos de novo co festival de música Feito a Man, que se celebra en Santiago de Compostela.
Noticias
VINCUSYS apoia o festival Feito a Man
Dende que naceu a nosa axencia, sempre tivemos un firme compromiso coa cultura e o ocio locais, por iso creamos, a modo de patrocinio, a nova web de Feito a Man, que se celebra anualmente en Santiago de Compostela.
Aberto o prazo das subvencións de Comercio e Artesanía da Xunta
A Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia convocaron unhas novas subvencións para a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesanal da Comunidade Autónoma.
VINCUSYS, partner de márketing do III Congreso Inmobiliario de Galicia
Xa rematado o III Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN), podemos confirmar un ano máis o éxito do evento. Centos de profesionais nacionais e internacionais participaron na cita para debater, aprender e coñecer as novidades do sector.
Celebramos o primeiro aniversario de VINCUSYS e presentamos a nosa nova plataforma, VINCUTICKET
O un de abril cumprimos un ano! O pasado venres celebramos o noso primeiro aniversario tras o rebranding nun evento con clientes, familiares e amigos e no que tamén presentamos a nosa nova plataforma, VINCUTICKET.
Funciona a consultoría especializada para eventos sectoriais?
Con motivo da organización da xornada «Innovación UCGAL: Que e canto hai de novo?» (#InnovaciónUCGAL) apostamos pola consultoría especializada para eventos. Para iso contamos coa colaboración de Beatriz Noya, unha consultora externa especializada en I+D+i, á hora de seleccionar empresas e ponentes de grandes e pequenas empresas e organizacións que encaixaran cun evento sobre innovación en alimentación. Quixemos facer unha serie de reflexións, a modo de entrevista, que poidan axudaros á hora de apostar por este tipo de servizos para un evento de empresa.
Entrevista a Miguel López con motivo da xornada #InnovaciónUCGAL
Miguel López é o secretario da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Falamos con el en relación á xornada #InnovaciónUCGAL, Innovación...
Necesito unha consultoría estratéxica para o meu plan de márketing?
A propósito da xornada Innovación alimentaria: Que e canto hai de novo?, #InnovaciónUCGAL, que organizamos xunto coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) este venres 6 en Santiago de Compostela, puidemos falar con Esther Vázquez, a primeira poñente do evento.
Xornada «Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?» #InnovaciónUCGAL
A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración con VINCUSYS, organizou a xornada Innovación Alimentaria: Que e canto hai de novo?, que terá lugar durante a mañá do 6 de outubro no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.