Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Falamos do software de xestión Odoo con Javier Fernández

by | Out 15, 2021 | Blog tecnoloxía, Sen categoría, Software, Tecnoloxía | 0 comments

Javier Fernández Peón é profesor do Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma no IES San Clemente en Santiago de Compostela. Despois de varios anos traballando no entorno do software de xestión Odoo a través da súa propia empresa, a súa experiencia sobre este tema é moi elevada. Tivemos o pracer de charlar con el sobre Odoo e consultoría de software libre e deunos unhas claves básicas para ti.

Para aqueles que nunca escoitaran falar sobre el, que é o software de xestión Odoo?

Odoo é unha plataforma de tipo ERP de longo percorrido e agora mantida por Odoo S.A. e distintas asociacións de desenvolvedores ó longo do mundo. Un ERP (Enterprise Resource Planning ou Planificador de Recursos Empresariais), pode definirse como un programa de xestión de toda a vida.

Todo tipo de organizacións e compañías empregan o software de xestión Odoo. Dende grandes empresas coma Toyota, Danone e Auchan, ata PYMES, independientemente do seu tamaño.

Entón, se é un concepto tan sinxelo, por que empregar un nome distinto? Antes de nada, o termo ERP é un acrónimo tecnolóxico cuxo uso é moi habitual para designar un conxunto de características baixo un nome sinxelo de recordar. Hoxe en día a tecnoloxía é o epicentro da globalización e en consecuencia a estandarización dos seus termos é algo ó que xa estamos máis que acostumados.

Polo tanto, un ERP é unha solución software para a xestión dos recursos dunha empresa. Cando falamos de xestión estamos empregando un termo moi xenérico para designar algo moi complexo, ás veces extremo.

En relación a isto podemos introducir unha das características máis importantes de Odoo, a súa flexibilidade. Odoo dispón “out of the box” dunha gran variedade de aplicacións e módulos que cobren a gran maioría de funcións xenéricas relacionadas coa xestión empresarial: vendas, compras, recursos humanos, ecommerce, CRM, proxectos e un longo etc. Ademais, pode ser adaptado e configurado segundo as necesidades de xestión da túa empresa.

Odoo está destinado soamente a grandes compañías ou tamén a pequenas e medianas empresas?

Odoo pode ser implantado independentemente do tamaño, sector e “presenza tecnolóxica” dunha organización. Os dous primeiros aspectos son alcanzables en virtude do seu carácter modular e de código aberto, volveremos a isto un pouco máis abaixo. A presenza tecnolóxica é un termo non estándar para facer referencia ó nivel de uso da tecnoloxía no teu modelo de negocio.

Hoxe en día, calquera empresa que teña un departamento de vendas é consciente da necesidade de estar presente nas redes. Porén, hai moitos máis aspectos a considerar para os cales o uso da tecnoloxía pode achegar un gran valor engadido.

Por poñer un exemplo, un dos módulos máis empregados en Odoo, ademais dos clásicos de vendas, xestión de almacén, etc., é o CRM (Customer Relation Management ou Xestión de Relacións co Cliente), que permite realizar unha xestión efectiva, que se pode trazar e é útil para a intelixencia do negocio, ó tratar ó cliente coma elemento central e recurso fundamental do proceso de xestión.

https://www.vincusys.gal/blog/beneficios-do-crm-para-empresas/

Por que Odoo e non calquera outra solución de xestión?

Para responder a esta pregunta temos que falar dunha característica que fai de Odoo unha solución única no mercado, o seu carácter Open Source (Código Aberto), que é ademais gratuíto na súa versión Community. Ó facer uso do modelo de licencia Open Source obtéñense unha serie de vantaxes:

  • Ter acceso ó código de fonte do programa, polo que non dependes dun provedor que poida limitar as túas necesidades de modificar ou adaptar o funcionamento de Odoo.
  • Dispoñer dunha gran cantidade de desenvolvedores e empresas que poidan prestar servizos relacionados con Odoo: desenvolvemento, despregue, aloxamento, etc.
  • A experiencia dinos que os produtos desenvoltos baixo a filosofía Open Source son de moi alta calidade. Isto ten a súa explicación na gran base de usuarios e desenvolvedores implicados.

En resumo, podes optar por implantar Odoo na túa empresa tendo en conta que será preciso decidir que aspectos van ser obxecto de xestión. Este será un proceso de mellora e adaptación continua e é recomendable realizar unha implantación progresiva que comece nos aspectos de xestión máis críticos e fundamentais para a túa empresa (vendas?, fabricación?, CRM?) para posteriormente ir ampliando as funcionalidades do programa.

Quen emprega Odoo?

Todo tipo de organizacións e compañías. Dende grandes empresas coma Toyota, Danone e Auchan, ata PYMES, independentemente do seu tamaño.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Odoo (@odoo.official)

Sabendo todo isto, por onde é recomendable comezar?

Unha cuestión fundamental será coñecer os recursos necesarios para levar ese labor a cabo. A día de hoxe, tras anos de desenvolvemento e múltiples casos de éxito, existen moitas opcións entre as que escoller, agrupadas en dúas categorías:

  • Dispoñer dos teus propios recursos de implantación e desenvolvemento. Non tende a ser o caso das PEMES, aínda que si de empresas consolidadas que dispoñen do seu propio departamento de desenvolvemento software.
  • Contratar unha empresa especialista que se encargue de analizar o teu caso, implantar, adaptar e dar soporte de Odoo, para que teñas o control pleno da información e o alcance de uso.

En calquera caso, sempre terás a liberdade de tomar decisións estratéxicas do tipo que sexa no futuro, relacionadas con nivel de uso e funcionalidade de Odoo coma ferramenta de administración da túa empresa.

Se es dos que quere levar unha xestión efectiva da túa empresa e consideras fundamental o feito de ter a liberdade absoluta para decidir como vai evolucionar esta, a resposta á pregunta “é Odoo para min?” será un rotundo “si”.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles