Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

O poder da accesibilidade web

by | Xuñ 22, 2023 | Blog deseño web, Comunicación, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, SEO, Web | 0 comments

Internet forma parte das nosas vidas. Dende a busca de información ata as compras on line, revolucionou a nosa forma de interactuar co mundo. É unha contorna universal creada para que todo o mundo, independentemente das súas capacidades, poida aproveitalo. Por iso, neste post ímosche explicar a importancia da accesibilidade web.

A accesibilidade web refírese á práctica de deseñar e desenvolver sitios de forma que as persoas con algún tipo de discapacidade, sexa auditiva, visual, motora ou cognitiva, sexan capaces de utilizalos sen ningún obstáculo.

Apostando por ela, podemos chegar a construír un Internet sen barreiras. Por iso, un dos aspectos esenciais é o deseño inclusivo, o que implica ter en conta as necesidades de todos dende que se empeza a construír unha páxina. Polo tanto, deseñadores e desenvolvedores web deben adoptar unhas prácticas e estándares concretos para asegurar que se logra este obxectivo.

Para entendernos mellor, é o mesmo que pasa coa arquitectura. Aí, os profesionais crean espazos adaptados a todas as persoas, incluíndo a aquelas que teñan mobilidade reducida ou outro tipo de limitación.

Persoa cega empregando Internet

A accesibilidade web é importante porque permita a igualdade de condicións na rede. Todos merecemos ter acceso á información e aos servizos que se encontran en Internet. Así, calquera pode participar plenamente na sociedade dixital, o que promove a inclusión.

Ademais, este concepto tamén beneficia ás empresas e organizacións. Se o teu sitio é accesible para todo o mundo, o alcance que terá a túa páxina será, loxicamente, moito maior. Terás como cliente potencial a un segmento da poboación que, de non ter en conta as súas necesidades, estarías perdendo.

A accesibilidade mellora a usabilidade e a experiencia do usuario en xeral. As pautas como a organización do contido, o uso de etiquetas describindo imaxes ou a compatibilidade con diferentes tipos de pantallas, favorece a todos os visitantes. Un deseño que permita unha navegación sinxela será moito máis atractivo para todos os que entren por primeira vez e haberá máis posibilidades de que o lembren.

¿Por qué es clave el diseño web?

Pautas e regras de accesibilidade

Para garantir que Internet se converte nun lugar universal, a World Wide Web Consortium (W3C) creou a chamada Web Accesibility Initiative (WAI) ou Iniciativa de Accesibilidade Web.

Esta vela a nivel mundial para que as páxinas web e os seus contidos respondan a unha serie de pautas e directrices de usabilidade, de forma que sexan accesibles para calquera. Ditas recomendacións están dirixidas a desenvolvedores e deseñadores e son actualizadas periodicamente.

Algunha destas prácticas son o emprego de descricións de imaxes e vídeos para persoas con discapacidades visuais, a utilización de subtítulos pata aqueles que posúen discapacidades auditivas, o emprego de asistentes de navegación ou a creación de mapas de navegación intuitivos.

Igualmente, a WAI clasifica as webs en tres niveis diferentes, o A, o AA e o AAA, en función da accesibilidade do seu contido. Así, o primeiro é o menos esixente, mentres que o último é o máis estrito e agrupa aos sitios que cumpren os criterios máis minuciosos.

Persoa maior usando Internet

Un para todos

Como ves, a accesibilidade web é un concepto moi importante dentro do deseño. Axuda a converter Internet nun espazo para todos, mentres mellora a experiencia de usuario e aumenta a lista potencial de clientes dunha empresa.

Se queres sumarte a esta tendencia e crear unha páxina que cumpra cos criterios de accesibilidade, podes contactar connosco en VINCUSYS e axudarémoste.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles