Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Como afecta á miña tenda física ter unha tenda on line?

by | Xan 31, 2017 | Axencia de márketing, Blog deseño web, Comunicación, Márketing, Social media, Tenda on line | 0 comments

Hoxe imos falar dun tema que preocupa a aqueles que están valorando lanzarse á aventura de montar unha tenda on line como apoio, crecemento ou incluso internacionalización da súa tenda física. Sempre se di que entre o negro e o branco hai centos de tonalidades intermedias. No caso do márketing on line tende a ser así. Será bo para a miña tenda física ter unha tenda on line? Como lle afectará?

Se a xente xa coñece a túa empresa, a tenda on line facilitaralles adquirir os teus produtos.

Cando xa fixeches unha imaxe de marca na túa zona, abrir unha tenda on line é unha boa forma de estendela máis alá das «fronteiras» do ámbito local. En xeral, a tenda on line tende a xerar un efecto arrastre: xa coñeces o produto, a calidade e o servizo e non che apetece acercarte á tenda (sobre todo se o envío é gratis ou a custo baixo) para adquirir o que necesitas, así que decides compralo nun par de clics. De entrada, como en todo, atopamos beneficios e inconvenientes.

https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/

Vantaxes de ter unha tenda on line

1.- Podemos chegar a moita máis xente: si, pero lembrade que non é «gratis», hai que traballar día a día, cal formiga, para que as redes e medios sociais sexan o noso mellor aliado.

2.- Permítenos non ter tanto stock: aínda que hai que valorar os tempos que necesitaremos para que o produto chegue ao destino marcado polo comprador.

3.- Está aberta 24 horas ao día 365 días ao ano: podes permitirte ese horario na túa tenda física?

Estuda ben a loxística da túa tenda on line, non prometas o que non podes cumprir.

4.- Ten uns gastos de mantemento moi inferiores aos do local: É FALSO que unha tenda on line non teña mantemento, só é diferente. Non hai que pagar local, luz, auga, salarios e seguridade social dos empregados, pero si o mantemento informático e actualización permanente de contidos. Google premia as webs que teñen contidos actualizados permanentemente, non copiados doutras páxinas e que os lectores consideran útiles.

5.- É un catálogo permanente dos teus produtos: en calquera parte do mundo e en calquera momento, os teus clientes e potenciais clientes poden ver os artigos que tes á venda. Quen sabe cando picará o peixe?

6.- Podes incluír información detallada: aforrarás explicar 200 veces as mesmas cousas aos clientes. Resulta canso dicir o mesmo a todo o que entra pola porta cada día. Nunha tenda on line, podes ter toda esta información moi ben explicada e actualizada. Isto permitirá, ademais, que atopen os teus produtos con facilidade dende Google.

7.- Será un valor engadido para os clientes: poderán ler opinións vertidas por outros clientes que compraron ese mesmo produto na túa tenda on line.

8.- Podes aproveitar para facer cross márketing: seguro que estas tres frases aclaran o que queremos explicar: Sabes que estas botas van xenial con esta falda? Os clientes que compraron esta bici tamén compraron este casco. A quenes compran estes tallaríns para celíacos, encántalles acompañalos desta salsa especial para intolerantes.

9.- Conseguirás unha base de datos moi útil: aparte dos datos de contacto -especialmente, será interesante o e-mail para poder mandar newsletters con sorteos, promocións, descontos e novidades- poderás saber que comprou cada cliente e incluso premiar aos máis fieis, felicitarlles o aniversario con un desconto… O único límite ás accións de márketing posibles con esta información é a túa propia imaxinación. Se queres máis información sobre este tema, convidámoste a ler o noso artigo sobre as vantaxes do e-mail márketing.

una buena marca personal

Retos dunha tenda on line (non nos gusta chamalo desvantaxes)

1.- A competencia é maior: pero seguro que estudaches os puntos fortes e débiles do teu negocio e sabes sacarlles proveito. Unha estratexia profesional en redes sociais e márketing dixital fará que a túa tenda on line despegue 🙂.

2.- Ollo coa loxística: pode complicarse este punto. Estuda ben os prezos das empresas de mensaxería, prazos de entrega dos teus provedores, etc. Non prometas o que non podes cumprir.

3.- Presta atención aos dereitos do consumidor: se queres refrescar a memoria, podes ler o noso artigo sobre as leis que debes cumprir se vendes on line.

Se necesitas que te botemos unha man dende os nosos servizos de consultoría tecnolóxica para crear unha tenda on line en WordPress, Prestashop ou coa que xa teñas, contacta coa nosa axencia de márketing, estamos encantados de asesorarte 😉.

Foto: Pexels

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles