Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Por que a túa empresa ten que ser diferente?

by | Xan 20, 2020 | Blog comunicación, Comunicación, Márketing, SEO | 0 comments

Revisado o 02/02/23 – A raíz da nosa entrada no sector inmobiliario, un sector que está vivindo un momento complicado os últimos anos, reafirmámonos no que sempre comentamos aos nosos clientes: “a túa empresa ten que ser diferente”.

Cando estás nun eido que se move moi rápido e cunha competencia particularmente agresiva, é aínda máis importante que os teus clientes actuais e potenciais vexan en ti unha empresa:

  1. De confianza
  2. Próxima
  3. Resolutiva
  4. Innovadora
  5. Que se reinventa
  6. Con capacidade de autocrítica
  7. E, sobre todo, eficaz

Pode que che interese ler este post sobre márketing inmobiliario para poñer en funcionamento ideas para a túa empresa:

https://www.vincusys.gal/blog/falamos-de-marketing-inmobiliario-con-jacobo-blanco-de-capitel-ksa/

De confianza

Para que a relación co teu cliente sexa duradeira, é fundamental que se basee na confianza, sobre todo cando falamos de sectores especialmente sensibles como o inmobiliario -o teu cliente vaise basear no teu criterio para seleccionar o fogar da súa familia-, o médico -o teu cliente vai poñer a súa saúde e incluso a súa vida nas túas mans- ou o legal -non fai falta explicar as repercusións que pode ter un mal servizo legal-.

Próxima

Unha relación “de ti a ti”, na que o cliente se sinta cómodo para falar contigo, transmitirche as súas inquedanzas e ti poidas darlle solucións profesionais a medida, acordes coas súas necesidades.

Resolutiva

Que o teu cliente saiba que se ten un problema ti lle vas buscar unha solución, non ten prezo. Ser resolutivo non é sinxelo, pero o teu coñecemento do sector, dos procesos e dos tempos, axudará en grande medida nesta tarefa.

Innovadora

Facer cousas distintas, saír dos canons habituais, propoñer ideas novas, procesos novos, solucións novas… pode que che leve tempo apertar o cerebro para encontrar estas solucións, pero sen dúbida o teu cliente agradecerá que saias do “sota, cabalo e rei” do sector.

Que se reinventa

Falamos de negocios que implantan solucións novas, medidas novas, procesos novos. Implantar canles de comunicación fluída cos clientes, automatizar procesos, incorporar novos servizos segundo cambia o mercado e o sector…

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-da-empatia-na-venta/

Con capacidade de autocrítica

Saber recoñecer os teus erros é unha virtude, porque a maioría das persoas -e das empresas- non son quen de ver a necesidade de escoitar aos seus clientes e recoñecer os seus fallos. Partimos da base de que todos somos humanos e todos nos equivocamos. Pero o que marca a diferenza é saber recoñecelo e buscarlle unha solución.

Eficaz

Poñémolo de último pero non é por orde de importancia. Está claro que, se alguén contrata os teus servizos, é porque quere unha solución a algo que non pode solucionar el por falta de tempo ou falta de cualificación. Neste punto pódeche axudar moito ser unha persoa ordenada e metódica  e, sobre todo, ter unha comunicación fluída co teu cliente. De nada serve que fagas moitas cousas se non llas comunicas porque o teu cliente non as porá en valor.

Sobre atención ao cliente, pode que che interese ler este post:

https://www.vincusys.gal/blog/os-erros-mais-frecuentes-en-atencion-ao-cliente/

Entón… Por que tes que ser un negocio diferenciado?

Cando un cliente chama á túa porta é altamente probable que tamén chame á da túa competencia. Por que vai quedar contigo se fas o mesmo ca ela?

Dar valor engadido ao teu traballo e, en definitiva, marcar a diferencia fronte a túa competencia é fundamental para destacar e ser cabalo gañador.  Pénsao en ti mesmo: por que vas a un bar e non a outro? Por que vas a un perruqueiro e non a outro? Por que escolles este avogado e non outro?

Como podes conseguir ser unha empresa diferente?

Escoita: o teu cliente vaiche transmitir as súas inquedanzas e necesidades. Saber que quere, que precisa e como podes axudalo é tan fácil como escoitalo. El mesmo vaiche resolver o misterio.

Innova: le libros, páxinas e blogs do teu ámbito, acode a eventos do sector, segue á túa competencia, coñece a forma de traballar do teu sector noutras cidades…

Arrisca: somos moi fans da frase de Einstein que dicía “se queres resultados distintos non fagas sempre o mesmo”. Un pouco de risco calculado pode traerche grandes beneficios. Calculado, porque non se trata de ser tan rompedor que xeres desconfianza, pero si de aplicar pequenos cambios e medir o seu efecto no teu público.

Se tes dúbidas e precisas a nosa axuda, non dubides en contactar connosco 🙂

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles