Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?

by | Dec 17, 2021 | Axencia de márketing, Axencia de publicidade, Blog publicidade, Comunicación, Márketing, Publicidade | 0 comments

O branded content é unha estratexia de márketing que busca crear contidos que unan ao consumidor coa marca dunha forma creativa. A pesar de que o termo pode que non che soe, seguro que coñeces moitos anuncios que aplican os seus preceptos. Explicámosche de forma máis concreta que é o branded content para que descubras se pode ser de utilidade.

O nome deste concepto xa di moitas cousas sobre si mesmo, dende a súa propia tradución literal, que é «contido de marca». Falamos dun método centrado no contido, de xeito que unha firma que aposta por el en vez de facer publicidade tradicional ofrece unha alternativa máis entretida.

O branded content non inclúe o produto ou servizo a anunciar de forma explícita. Esta estratexia atrapa ao usuario co contido e o obxecto de venda aparece de forma secundaria ou ao final de todo.

Pola súa propia natureza, este método ten un gran aliado a través do vídeo. Aínda que atopamos branded content na televisión, agora emprégase moito en redes sociais, unha vía ao alcance de todo tipo de negocios.

Como pode axudar á túa marca

O branded content fuxe das estratexias tradicionais, chama a atención sobre o consumidor e axuda a posicionar a túa marca. A continuación explicámosche de forma máis concreta que pode achegar o branded content ao teu negocio.

Fortalece a marca

É unha moi boa forma de transmitir os valores da túa firma. É importante que o teu produto promocional se dirixa aos intereses dos teus clientes potenciais. Este método axuda a posicionar o teu negocio no imaxinario do consumidor ao apelar ás súas emocións.

Branded content emociones

O último estudo de IAB Spain conclúe que 9 de cada 10 profesionais do sector consideran que o branded content é un método recomendable para fortalecer a túa firma. Esta forma de anunciarse axuda a que o consumidor lembre mellor a promoción e, polo tanto, a túa marca.

Fideliza ao consumidor

O branded content busca establecer unha relación a longo prazo co usuario máis que uns resultados inmediatos na venda. O que pretende este método é que o consumidor se sinta identificado cos valores que transmite e se involucre máis no negocio que cunha compra puntual.

Asemade, a túa marca pode realizar accións tanto on line como off line para crear aínda máis comunidade ao redor dela. Por exemplo, Mahou organiza concertos ou eventos co seu nome, creando así experiencias ao redor do seu produto.

https://www.vincusys.gal/blog/6-tecnicas-persuasivas-para-fidelizar-ao-cliente/

Achega algo ao usuario

O branded content ofrece unha forma de saír da saturación do mercado. O usuario recibe a diario moita información e publicidade en todo tipo de plataformas. Este método de márketing busca contar unha historia e facer entretemento máis que seguir saturando ao consumidor con anuncios tradicionais. Ademais, o branded content implica en ocasións unha conversa entre varias persoas sobre o spot ou incluso a firma.

Así, falamos dun contido de maior calidade que pode achegar moitas cousas ao usuario. É entretemento, pero á vez ensina os valores ou a experiencia que se busca a través do produto ou servizo.

É un formato multiplataforma

Este método é moi flexible en canto á plataforma na que anunciarse. Como xa comentamos, normalmente realízase a través do vídeo márketing, pero pode empregarse en todo tipo de redes sociais, ademais de medios tradicionais como a televisión.

https://www.vincusys.gal/blog/que-pasa-coas-redes-sociais-no-pequeno-comercio/

O branded content está relacionado tamén co mundo dos influencers. Hoxe en día anunciarse a través de creadores de contido é unha vía moi empregada por diversas marcas e, á súa vez, outra forma de mostrar os teus valores. Que persoa escoller para facer a túa publicidade, que método… son moitas preguntas e crear unha boa estratexia pode levar a que a comunidade do influencer en cuestión comece a relacionarse tamén coa túa marca.

Exemplos de branded content

Segundo o estudo de IAB Spain nesta materia, os consumidores consideran este tipo de publicidade menos molesta, repetitiva e intrusiva. Por outro lado, ven a proposta como máis orixinal, creativa e divertida. Seguramente, grazas a este tipo de características, verás como lembras polo menos un destes exemplos de branded content.

O máis claro exemplo deste método é o debuxo animado Popeye. Este personaxe foi unha creación da Cámara de Produtores de Espinacas de EEUU en 1929. O obxectivo era conseguir que os nenos comeran máis espinacas a través da idea de que Popeye conseguía máis forza ao comelas. Finalmente lográrono grazas a esta vía.

Popeye considérase o primeiro caso de branded content, pero esta creación tan orixinal non é habitual na actualidade. Os exemplos que temos no noso imaxinario ao falar deste método tenden a ser anuncios que vemos na televisión.

Un destes casos é o famoso vídeo do neno ao que lle regalan un pau, da firma Limón&Nada. Moitas persoas non tiñan claro que marca era a anunciante, o cal é un problema no que poden caer os negocios ao apostar por esta estratexia de márketing. Aínda así, a promoción foi efectiva en materia de números para Coca-Cola, a empresa que está detrás desta outra firma.

Na actualidade, hai negocios que están apostando por esta vía ano tras ano. Por exemplo, a marca de electrodomésticos Balay realiza anuncios nos que podemos coñecer aos seus empregados. Baixo o lema «un amigo en Balay», busca que o usuario sinta a firma dunha forma máis próxima.

Outro caso é o da marca de comida Casa Tarradellas, que realiza campañas relacionadas con situacións cotiás. Amosa familias medias que solucionan un problema ou discusión comendo pizza todos xuntos.

Agora que xa sabes que é o branded content, pensa se pode ser interesante para a túa firma. E, se precisas axuda, xa sabes onde estamos 😉.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles